Nota de Prensa
O GMPP denuncia o retraso na contratación dos socorristas e do GRUMIR.
Os populares consideran que o alcalde e Nieves Cando deben aclarar onde discrepan e onde coinciden.
Os populares preguntan polo horário da biblioteca polo verán.
O GMPP denunciou hoxe, unha vez máis, o retraso na contratación dos socorristas, porque o alcalde e Nieves Cando tiñan moita urxencia hai un mes, e agora se demostra que o que decían era sólo fogueo dirixido contra a Xunta, porque foron incapaces de telos contratados o día quince de Xuño. Póñense agora en servicio, cando xa hai quince días que comenzou a campaña Bandeira Azul, da que tanto presumen e á que tan pouco caso lle fan.
E como mostra, ese Comité Asesor, ou similar, das praias de Burela, que se creou con fondo orquestal nunha sesión plenaria, e que non se reuniu para planificar nada, nin tan siquera as actividades que durante o verán se desenvolverán nas praias, e seguramente que non se reunirá. O PP, tendo en conta que as actividades programadas para o verán son basicamente as que facía o PP, que por certo eran mui criticadas pola oposición, considera que hasta o ano 2010 este Comité non tén por que reunirse, porque sería inútil.
Ademais, é de destacar o considerable retraso na contratacion do GRUMIR. Burela é o único concello da provincia de Lugo que non tén pechada a contratación do persoal deste colectivo. A culpa, é evidente, só é do alcalde e das súas fabulacións, que o que fan é perxudicar os intereses dos veciños deste concello.
Por outra banda, os populares preguntarán no pleno de Xullo polo horário da biblioteca polo verán. Entenden que non será doado tela aberta todo o verán póla tarde, o que poñerá en tela de xuizo o que tantas veces tiñan reiterado PSOE e BNG e criticado ó PP cando nos gobernábamos.
Finalmente, os populares entenden que a cidadanía debe coñecer xa, inmediatamente, cales son os puntos de coincidencia e de discrepancia do alcalde e de Nieves Cando, protagonitas principales da parálise municipal, dado que foron eles os que asinaron o pacto do bigoberno hai dous anos. Os veciños e veciñas de Burela queren saber que é o que se tén pensado facer nos próximos dous anos, porque o que se fixo é palpable: rematar obras que tiña adxudicadas ou en marcha o PP, e aproveitarse do Plano E, que non resolve nada. Fóra deso, ningún proxecto, nada que ilusione, ou sexa, decepción total.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



