BARREIROS (FNC) .- O rexedor de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase satisfeito tralo encontro que mantivo esta mañá con Hipólito Trinidad e Eugenio Corral, presidente e xerente de APEC (Asociación de promotores e constructores) , respectivamente. A xuntanza tivo lugar no Concello. O alcalde sinala que “na reunión de hoxe con APEC o que viñeron facer foi poñer a disposición do Concello os medios técnicos e materiais que ten a asociación para levar a bó fin os prazos que se marcaron co conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio hai uns días e que eran finais de setembro e principios de outubro, e un pouco para ver os compromisos de todas as partes para sacar esto para adiante”. Fuente Parga lembra que “evidentemente como eu xa anunciaba o outro día, alegréime porque hai unha data e agora desta reunión sae esa boa disposición de APEC que quere que se solucione esto canto antes… A asociación provincial de empresarios da construcción pon os seus medios á nosa disposición para botar unha man na resolución favorable de todo esto”.
O rexedor barreirense asegura que “a consellería está a traballar na resolución do tema. Eu estou en continuo contacto con eles e en canto teñan unha solución nos sentaremos a analizala e veremos por unha parte, cales son as obrigas de APEC, dos seus representados ou dos constructores, porque hai unhas obrigas que son deles e non caben dúbidas e por outra banda, Concello e consellería terán que levar adiante unha serie de investimentos ou de obras, o que sexa necesario, para mellorar todos os aspectos que sexan posibles. Será en conxunto, porque non pode ser doutro xeito”.
Parque de bombeiros
Alfonso Fuente tamén aludiu nesta xornada ó parque comarcal de bombeiros e dixo que “sí se estiveron a realizar as obras de conexión para dotalo de auga, se colocou un depósito e se melloraron os accesos a esas instalacións. E o que sí me chama a atención é que Lara Méndez saia dicindo que se fixeron estes traballos porque eran necesarios. Curiosamente hai que recordar que hai uns meses se decía que o que pedía o alcalde de Barreiros era desproporcionado e que non era tal, que era un disculpa para non abrir o parque. Si o que dixo o alcalde de Barreiros, que foi o que viñen mantendo desde hai tempo, que había que dotalo de auga, colocar un depósito porque no verán non se podería tomar directamente da rede, que había que mellorar os accesos…todo eso agora fíxose e entón dedúcese que o que pedía o alcalde de Barreiros había que facelo”.
O alcalde pide que se abra canto antes o parque de bombeiros “e agora hai algo moi importante que é a partida de persoal, a partida humana. O Consorcio ten aprobado uns cartos para o gasto de persoal dos meses de outubro, novembro e decembro e entón o que pido é que se axilice canto antes a selección e contratación do persoal, ou que se saque a concurso e se faga de forma indirecta, que se modifiquen as partidas que hai para persoal no presuposto e que se axilice cantos antes a apertura do parque”.

























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



