RIBADEO (FNC) .- O punto de información turística de As Catedrais e a oficina de turismo de Ribadeo rexistraron esta fin de semana un total de 1.500 visitantes que se acercaron a recoller información da vila e do resto da comarca. O persoal encargado destes dous puntos destaca o repunte de turistas galegos e extranxeiros.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou que “a pesares do mal tempo que tivemos na comarca e aquí en Ribadeo estes días de plena tempada estival, eu creo que dende o punto de vista do turismo non se pode dicir que estea indo moi mal, sobre todo, a xulgar polos datos que nos ofrecen as persoas encargadas da oficina de turismo de Ribadeo e do punto de información turística que temos instalado por primeira vez na praia de As Catedrais. Aproximadamente, esta fin de semana, viñeron facer consultas, que iso quere dicir que igual hai mais xente que se queda fora esperando aos que van preguntar, da orde das 1.500 persoas. Foron rexistradas moitisimas mais aquí na oficina de turismo que na praia de As Catedrais, dado que na praia o sábado fixo mal día e o domingo aínda que estivo mellor non se puideron recuperar os índices doutras semanas. A cifra é de mareo, de vértigo, 1.500 turistas acudiron a pedir información sobre Ribadeo”.
Suárez Barcia explicou que “ademais de interesarse pola nosa vila, os visitantes desexan información sobre a comarca e incluso sobre Galicia. Todo isto é consecuencia de que Ribadeo é porta norte da Mariña, porta norte de Galicia e porta norte do Camiño de Santiago. Por isto, precisamente, se está notando un repunte de peregrinos que está usando o camiño norte, o camiño que pasa por Ribadeo”.
O rexedor engadiu que “está habendo unha afluencia moi grande de xente que ven de Madrid, o cal é unha tónica habitual aquí en Ribadeo, estase incrementado o número de cataláns, vascos e sobre todo estase confirmando, o que xa dixemos hai unhas semanas, o repunte de turismo galego, quizais pola crise, a xente ten o radio de acción de turismo máis limitado que antes. Os turistas non collen o avión para ir ao extranxeiro e quedan por aquí, notamos moita xente de Pontevedra e doutros puntos da xeografía galega. Ademais, Ribadeo estase convertindo nun destino do turismo internacional e estamos vendo moitos franceses, ingleses, alemáns ou mesmo italianos pedindo información turística tanto no punto de información da praia de As Catedrais como na oficina de información de aquí de Ribadeo”.
Fernando Suárez destacou “a importancia que están tendo estes folletos que estamos dando, por primeira vez, en varios idiomas sobre a praia de As catedrais, sobre as mareas e sobre como moita xente non entende o feito de que lles recomendemos visitar a praia unha hora antes da baixamar. Moitas veces, a xente non ten o concepto de preamar e baixamar e cústalles entender como, dende os puntos de información turística, se lles recomenda que vaian en marea baixa. É algo no que se está traballando, que se está valorando moi positivamente por parte dos turistas e dos visitantes e estamos tomando nota para o ano que vén poder mellorar incluso máis, toda esta oferta coa que traballamos con toda humildade e penso que con moita eficacia nesta época estival, este ano aquí, en Ribadeo”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



