SAN CIBRAO .- A asociación Mariñapatrimonio denunciou perante a dirección xeral de Patrimonio e ante o SEPRONA “o traslado, presuntamente ilegal, de materiais arqueolóxicos mesturados con area procedentes da destrución que Promociones San Ciprián provocou en decembro de 2007 no xacemento arqueolóxico inventariado do castro de San Cibrao”. O material trasladouse ao polígono industrial de Foz e Mariñapatrimonio pide a paralización das obras no Polígono de Foz, mentres non se comprobe se foron trasladados a este lugar materiais arqueolóxicos.
Nota de Prensa
Mariñapatrimonio denuncia perante a Dirección Xeral de Patrimonio e ante o SEPRONA o traslado, presuntamente ilegal, de materiais arqueolóxicos mesturados con area procedentes da destrución que Promociones San Ciprián provocou en decembro de 2007 no xacemento arqueolóxico inventariado do castro de San Cibrao. Estes materiais que permanecían nunha finca fronte á gasolineira de Cervo están sendo trasladados ao polígono industrial de Foz, incumprindo o que determina a lei para a remoción de terras con restos arqueolóxicos.
ANTECEDENTES:
Entre os días 10 e 14 de decembro de 2007, Promociones San Ciprián, S.L. destruíu parte do perfil norte da finca afectada pola construción dun edificio de 42 vivendas, quebrantando a orde de paralización que pesaba dende o 4 de xuño de 2007.
Os materiais arqueolóxicos, mesturados con area do xacemento, procedentes desta destrución foron tirados nunha finca en fronte da gasolineira de Cervo. Foron 50 camións de restos, que posteriormente se taparon con terra doutro lugar. A pesar do intento de ocultar estes restos, ADEGA rescatou dous muíños así coma fragmentos de cerámica. Estes feitos foron denunciados por ADEGA o 16 de xaneiro de 2008.
FEITOS:
* A pesar de que estes feitos foron denunciados hai case dous anos e que a Dirección Xeral de Patrimonio coñecía a existencia deste depósito con materiais arqueolóxicos, non se fixo ningunha intervención nel nin se procedeu á súa protección.
* A Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, artigo 56.3, determina o control por un arqueólogo das remocións de terras que afecten ou poidan afectar un espazo onde se presuma a existencia de restos arqueolóxicos. Neste caso non se trata dunha presunción, senón que a aparición de dous muíños e de cerámica confirman a existencia de material arqueolóxico.
* Este traslado crea un novo xacemento arqueolóxico no Polígono industrial de Foz, falseando a historia e provocando, deste xeito, problemas no estudo da arqueoloxía na Mariña.
POLO EXPOSTO SOLICITA:
* A inmediata paralización do traslado dos materiais retirados en decembro de 2007 do castro da Atalaia de San Cibrao.
* A paralización das obras no Polígono de Foz, mentres non se comprobe se foron trasladados a este lugar materiais arqueolóxicos.
* A realización dunha intervención arqueolóxica nestes restos co obxecto de recuperar os materiais arqueolóxicos procedentes do xacemento inventariado do castro da Atalaia.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



