SAN CIBRAO .- Abre en San Cibrao a mostra “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” organizada polo colectivo Mar de San Ciprián que “pretende dar a coñecer as técnicas de pesca e a vida a bordo da flota boniteira do cantábrico galego. A mostra permanecerá aberta na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o vindeiro 31 de agosto.
Nota de Prensa
‘Mar de San Ciprián’ inaugura esta tarde na Casa da Cultura a exposición “De verán en verán: a pesca do bonito no cantábrico galego”
* A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 31 de agosto
San Ciprián, 6 de agosto e 2009.- A Casa da Cultura de San Ciprián acolle hoxe xoves, a partires das oito da tarde, o acto inaugural da mostra “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” organizada polo colectivo ‘Mar de San Ciprián’. O acto inaugural correrá a cargo do presidente desta asociación cultural, Moncho Rivas; e do alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
A exposición “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” pretende dar a coñecer as técnicas de pesca e a vida a bordo da flota boniteira do cantábrico galego. A través de paneis informativos, documentos, fotografías, aparellos, etc… o visitante terá a oportunidade de introducirse nas condicións e técnicas tradicionais de traballo empregadas na pesquería do bonito, as cales seguen hoxe en día vixentes. Entre as pezas amosadas na exposición destaca unha vara de 15 metros empregada para a pesca do bonito.
O objectivo dos organizadores é tratar de que se recoñeza o o traballo dos mariñeiros e manter viva a tradición da pesca artesanal e respectuosa co medio ambiente.
Esta mostra permanecerá aberta na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o vindeiro 31 de agosto nos horarios habituais.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



