Sábado 15 de agosto terá lugar o I Trofeo Concello de Ribadeo. A saída será ás 17:30 horas fronte ao CEIP Gregorio Sanz. A proba discorrerá por un circuito semiurbán que pasará por Ove, A Pega e o campo de fútbol Pepe Barrera. Os ciclistas serán corredores das categorías principiantes, alevíns e infantís (ata 14 anos). Os máis pequenos disputarán unha proba de destreza, unha jimkana, nun dos patios do colexio público.
I Trofeo Concello de Ribadeo de Ciclismo
I Trofeo Concello de Ribadeo de Ciclismo
Relacionado
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
-
Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
-
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co volei