Nota de Prensa
Os nacionalistas conmemoran o Día de Galiza Mártir na Casa do Cambedo onde asasinaron catro mulleres
O BNG homenaxea o Venres 14 ás víctimas do franquismo de Ourol
O Bloque Nacionalista Galego organiza o vindeiro Venres 14 de Agosto ás 17:30h no Lugar do Candedo-Ourol unha homenaxe aos represaliados de Ourol pola súa defensa da legalidade republicana e dos ideais democráticos.
Os nacionalistas pretenden con este acto no que farán uso da palabra Marcelino Otero Franco(Responsable Local do BNG), Luís Gato Vázquez(Veterano anti-franquista de Ourol) e Antonio Veiga (Responsábel–Comarcal do BNG) celebrar na comarca unha actividade xa tradicional no calendario político do BNG como é o Día da Galiza Mártir. No acto colocarase unha placa en lembranza dos represaliados de Ourol, concretamente na vivenda onde foron asasinadas as catro mulleres da familia Casabella (Nai,Fillas e Neta).
O Día de Galiza Mártir que este ano celebramos en Ourol pretende ser un acto de desagravio para todos aqueles que loitaron pola democracia pero tamén un exerzizo contra a desmemoria desde a consideración que non pode haber reconciliación desde o esquecemento . A convocatoria deste ano, como en anteriores ocasións sobarda o ámbito local, e xa que logo ven ser unha homenaxe ao conxunto dos mariñáns que loitaron por unha sociedade máis xusta.
O BNG no seu acto do Venres vai homenaxear ao conxunto dos represaliados mindonienses pero quere ter un recordo especial aos irmáns Templás e a familia Casabella. .
Alejandro Témplas, Carpinteiro e Secretario Xeral da Agrupación Socialista, que foi asasinado tras fuxir dun cerco que o Exercito e Civís lle tenderon no lugar do Candedo e votar vario dias feridos polo Concello de Ourol. Xosé Templás, militante comunista morreu en 1951 en Monfero, cando era o máximo dirixente da Guerrilla antifranquista en Galiza e ocupaba o cargo de Secretario Xeral do Partido Comunista en Galiza. Ambos os dous eran naturais de Merille.
As mulleres da familia Casabella, foron asasinadas na súa casa do Lugar do Cambedo, tras ser cercada por un grupo de civís e militares que perseguían ao maio dos Templás. Dúas deles morreron no interior da vivenda mentres durou o tiroteo, unha vez que cesou éste serán asasinadas diante da xente presente unha nena de dez anos e a súa tía que foron atopadas vivas na vivenda.
Non queremos esquecer ao conxunto dos represaliados de Ourol nin o feito de que este Concello sería unha das bases de acción máis importantes da guerrilla anti-franquista. Neste sentido a presenza no acto de Luís Gato Vázquez é unha testemuña de primeira man, xa que aos seus 90 anos garda viva a memoria da loita contra o franquismo, e ao mesmo tempo e unha mostra de compromiso na loita por unha sociedade máis xusta e democrática.
A recuperación de toda a experiencia democrática do período republicano, non é para os nacionalistas galegos unha concesión á moda do momento que se que quede en anos máis ou menos rimbombantes, nin moito menos un exerzizo de oportunismo político, o BNG considera fundamenta pór en valor este período como contributo a unha sociedade sana democraticamente, como apartación ao résgate da memoria histórica e como avalanca que permita construír unha Galiza máis libre e socialmente máis xusta.
Xa por último o Bloque Nacionalista Galego quere convocar a todos os veciños da Mariña e de Ourol a participar deste acto de homenaxe.
Listaxe de veciños de Ourol represaliados polo franquismo entre 1936 e 1939
A. Cal Díaz
Sanción
Home
Veciñanza: Ourol, Ourol (Lugo)
PSOE, Directivo da agrupación local do PSOE
Expedientado e sanción por responsabilidades civís ou políticas.
Alejandro Temblás Paz
Asesinado
Home de 27 anos, Carpinteiro
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
PSOE e UGT
Tras formar parte de partidas de fuxidos, é xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 12 anos e 1 día de prisión. A
Andrés Fernández Fernández
Proceso
Home de 25 anos, Chofer
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Antonio Rodríguez Castaño
Proceso
Home de 54 anos, Ferreiro/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por tenencia ou roubo de armas co resultado de sobresemento provisional.
Antonio Rodríguez Sear
Proceso
Home de 30 anos, Ferreiro/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por tenencia ou roubo de armas co resultado de sobresemento provisional.
Antonio Hermida Díaz
Prisión
Home de 28 anos, Panadeiro/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Directivo agrarista de esquerdas en Ourol
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.
Antonio Vidal López “Zambro”
Prisión
Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Antonio María Ocampo Rivera
Prisión
Home de 41 anos
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos.
Aquilino Díaz Pinet
Prisión
Home de 55 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado por inxurias contra Franco co resultado de sentenza a prisión 6 meses.
Arsenio Díaz Gómez
Sanción
Home, Mestre/a
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Expediente de depuración. Confirmado no seu posto en 1940.
Avelino Cora
Sanción
Home
Veciñanza: Ourol, Ourol (Lugo)
Directivo de Sociedade agraria, de esquerdas
Expediente e sanción por responsabilidades civís ou políticas.
Eugenio Benigno Cal Aguirre
Prisión
Home de 34 anos, Forxador
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Francisco Vidal Baamonde
Prisión
Home de 34 anos, Serrador
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Francisco López Gil “Tereso”
Prisión
Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Francisco Chao García
Detención
Home, Ferrador
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Directivo de sociedade agrarista, de esquerdas
Detido sen proceso xudicial.
Francisco Fernández Cora
Detención
Home, Comerciante
Veciñanza: Ourol, Ourol (Lugo)
PSOE, Directivo da agrupación local do PSOE
Detido sen proceso xudicial.
Francisco Villar López
Sanción
Home, Propietario/a
Veciñanza: Ourol, Ourol (Lugo)
PSOE, Concelleiro da xestora da FP
Expedientado e sanción por responsabilidades civís ou políticas.
Gervasio Vidal López
Proceso
Home de 32 anos, Labrego/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Jesús Fernández Fernández
Prisión
Home de 21 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Jesús García Durán
Prisión
Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
José Prado “Nieto de Ignacio Prado”
Prisión
Home de 25 anos, Ferreiro/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
José Felpeto Gómez
Prisión
Home de 19 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
José Temblas Paz
Asesinado
Home de 27 anos, Carpinteiro
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
PCE, Dirrectivo de Sociedade agraria.
Inicialmente procesado en rebeldía. Forma parte de partidas de fuxidos e da guerrilla. Acabará sendo procesado e condeado.
José Fernández Picos “Barrendeiro”
Desaparición
Home de 57 anos, Carpinteiro
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Miñotos, Ourol (Lugo)
PSOE, Concelleiro en Viveiro
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de declaración de rebeldía. Fuxido, semella que foi torturado e asasinado.
José Fernández Fernández “Paisano”
Execución
Home de 24 anos, Carpinteiro
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Morto o 09-07-1937
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo.
José Lamelas Chao
Proceso
Home de 59 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
José Cao Martínez
Prisión
Home de 53 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Xerdiz, Ourol (Lugo)
Directivo agrarista en Ourol
Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.
José Ben Romero
Prisión
Home de 72 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
José Fernández García
Sanción
Home, Labrego
Veciñanza: Ourol, Ourol (Lugo)
PSOE, Concelleiro
Expedientado por responsabilidades civís ou políticas.
Luis Ocampo Piñeiro
Proceso
Home de 16 anos, Xornaleiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión co resultado de absolución.
Manuel Osorio
Proceso
Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de absolución.
Manuel Casabella Fernández
Detención
Home
Veciñanza: Ourol, Ourol (Lugo)
PSOE, Directivo da agrupación local do PSOE
Detido sen proceso xudicial.
Manuel Modesto Fernández Díaz
Prisión
Home de 50 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Modesto Riguera Díaz
Prisión
Home, Labrego
Veciñanza: Ourol (Lugo)
PSOE, Directivo agrarista
Xulgado e condeado a prisión
Pedro Varela Camba
Proceso
Home de 32 anos, Chofer
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Perfecto Fernández Fernández
Proceso
Home de 21 anos, Chofer
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Bravos, Ourol (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Ramón Rouco Blanco
Proceso
Home de 20 anos, Ferreiro/a
Natural de Bos Aires (Exterior)
Veciñanza: Merille, Ourol (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
Ricardo Corbelle Ramos
Prisión
Home de 38 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
PSOE, Concelleiro do PSOE en Ourol
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Vicente Sanjurjo Cao
Prisión
Home de 34 anos, Serrador
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Ourol (Lugo)
Xulgado por tenencia ilícita de armas co resultado de sentenza a prisión 2 meses.
Eduardo Sierra Bellas
Prisión
Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Jesús Rivera Rubal
Prisión
Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Miñotos, (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
José Chao Rouco
Prisión
Home de 25 anos, Mineiro
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
José Antonio Bouza Franco
Prisión
Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Viveiro, Viveiro (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado sentenza a 15 anos de prisión.
Ricardo Casabella Martínez
Prisión
Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Vicente Castelo
Proceso
Home de 39 anos, Industrial
Natural de Ourol (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Xulgado por inxurias co resultado de sobresemento provisional.
















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



