CERVO .- O grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo actua na XXVIII Mostra de Teatro de Cariño onde representará “R.I.P. Marandaina. O Borede rematará este mes con varias actuacións na Mariña, entre elas,o día 24 en Xove, dentro das festas patronais e o día 27 na Mostra de teatro de Foz onde ofrecerán “O espello do prestamista”, ámbalas dúas orixinais do seu director Francisco Piñeiro.
Nota de Prensa
Rematadas Express-arte e as Veladas de Teatro no Souto , con excepcional acollida de público e gran satisfación por parte dos membros do grupo de teatro “O Bordelo”, organizador das mesmas, o colectivo cervense representará hoxe , mércores, día 12 de Agosto , no Concello coruñés de Cariño, onde se celebra unha das mostras decanas do teatro galego , pois cumplirá este ano a súa vixésima oitava edición.
O Bordelo representará no Auditorio Municipal , ás dez da noite ,unha das tres pezas que leva en carteleira, a galardoada “R.I.P. Marandaina. Rematarán este mes con varias actuacións na Mariña, entre elas ,o día 24 en Xove, dentro das festas patronais e o día 27 na Mostra de teatro de Foz onde ofrecerán “O espello do prestamista”, ámbalas dúas orixinais do seu director Francisco Piñeiro.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



