NOTA DE PRENSA
En Valadouro, 3 de agosto de 2009
Reunido O Grupo Municipal Do PSdeG – PSOE quere facer publico o seguinte comunicado;
Ante os acontecementos acaecidos nas ultimas datas no noso concello e dado que o equipo de goberno segue sin retransmitir os plenos municipais incumplindo asi o acordo acadado po lo mesmo.
Amparanse nun presunto fallo do equipo de grabacion, fallo que dura xa seis meses y que non sabemos cal e, pois durante este tempo non se fixo nada para arranxarlo nin informe tecnico ningun . No sabemos cal e o verdadeiro motivo para que esto siga asi intuimos que sera que non queren que os veciños se enteren do que pasa no concello e asi seguir co o metodo tradicional de contarlle as cousas a quen le interese e da forma que mellor conveña.
Nos po lo contrario queremos que a mallor parte dos veciños se enteren da primera mao do que pasa no concello, a o fin seran eles quen elixan a os seus representantes no 2011, e canto mas sepan da labor de cada un, mais podran valorar o traballo ejecutado.
Reseñar tamen a falta de prevision e desidia do grupo do goberno que apunto estivo de provocar una tragedia o pasado xoves na parroquia de Budian. No incendio declarado no Barrio de Casal de Diego dremostrouse otutra vez que siguen sen funcionar as bocas de riego, que as tomas da moto bomba non encaixan con as bocas o que as fai inoperativas, reiteradas veces avisamos do estado das mesmas e lamentablemente ocurreu o que nos xa advertimos, que cando fixeran falta durante una emergencia non ian a estar utiles. Confirmase outra vez mais a desidia do grupo de goberno esperemos que esta vez sirva de escarmento




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



