BURELA (FNC) .- Burela acollerá unha nova edición da Carreira Popular o próximo sábado día 8 de agosto. Partirá ás 11.30 horas da mañá da Praza do Concello e rematará na praia da Marosa. Haberá dúas categorías participantes, menores de 15 anos e maiores desta idade e cada unha terá un recorrido diferente. Os premios entregaranse aos primeiros, segundos e terceiros clasificados, así como ao participante máis pequeno e ao máis veterano.
A concelleira de Deportes, Neves Cando, explicou que “este sábado a partires das 11.30 da mañá terá lugar unha nova edición da Carreira Popular que percorrerá as rúas de Burela e concluirá na praia da Marosa. Como o ano pasado establecemos dúas categorías, menores de 15 anos e maiores desta idade. Os máis pequenos farán un percorrido máis curto, saíndo da Praza do Concello e marchando xa directamente cara o paseo marítimo para chegar á praia da Marosa. Para os maiores, o recorrido será máis longo, saíndo como dicía antes ás 11.30 da praza do Concello, irase cara O Campón, o Camiño Real, rumbo a Vila do Medio para desembocar na Avenida da Mariña e coller despois cara a praia da Marosa polo paseo marítimo”.
A edil nacionalista sinalou que “haberá premios para o corredor máis novo e para o máis veterano así como para os primeiros, segundos e terceiros clasificados. Convido a veciños e visitantes de Burela a participar desta carreira e disfrutar do deporte e da paisaxe da nosa vila dunha maneira lúdica, sana e físicamente bastante levadeira”.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



