Nota de Prensa
Os populares creen que os nacionalistas están a efectuar unha pantomima, unha farsa teatral sen a menor credibilidade, porque piden aquelo que teñen negado pola súa sumisión e apoio ao Goberno socialista de Zapatero
O PP CUALIFICA DE ACTO DE “PROFUNDA HIPOCRISÍA POLÍTICA” QUE AGORA O BNG RECLAME A APERTURA DO DIQUE NORTE DE ALCOA
* Unha data: o 8 de novembro de 2008. A falta de apoio do BNG impediu que prosperase unha emenda do PP aos orzamentos do Estado para que incluísen 300.000 euros destinados á apertura ao tráfico comercial xeral do dique norte de Alcoa.
* Desde o PP non comprenden os continuos cambios de criterio dos nacionalistas respecto desta actuación: “Parece que os meses pares están a favor da creación dun novo porto comercial en San Ciprián e os impares en contra. É evidente que non son de fiar.”
A Mariña, 6 de agosto de 2009.- O Partido Popular da Mariña vén de cualificar como un acto de “profunda hipocrisía política” que desde o BNG reclamen agora a apertura do dique norte de Alcoa despois de que a falta de apoio dos nacionalistas impedira, o pasado mes de novembro, que prosperase unha emenda do PP coa que os orzamentos do Estado para 2009 puideran ter contemplado unha partida específica para levar adiante esta actuación.
FARSA TEATRAL SEN A MENOR CREDIBILIADE
Os populares da nosa comarca están convencidos de que no BNG están a protagonizar unha “pantomima, unha farsa teatral sen a menor credibilidade” cando agora parecen sumarse as moitas voces, entre elas as do propio PP, que reclaman ao Goberno central que acometa a creación dun novo porto comercial na nosa comarca aproveitando o dique norte de Morás. Desde o PP lembran que, si os nacionalistas asumiran un compromiso real con esta actuación, xa terían apoiado non só esta emenda aos actuais Orzamentos do Estado, senón todas aquelas que neste mesmo sentido presentou o Grupo Parlamentario Popular nas Cortes Xerais nos pasados anos.
Desde o PP comarcal son moi críticos co BNG xa que consideran moi grave a súa falta de fiabilidade, que leva aos nacionalistas a un cambio de criterio constante: Primeiro o deputado Franscisco Jorquera condicionan o apoio do BNG ás contas do Estado a que estas inclúan a apertura do dique norte de Alcoa. Despois os nacionalistas rectifican, supedítanse aos intereses de Zapatero e apoian os orzamentos para 2009 sen que neles se contemple esta actuación. Finalmente, nin tan sequera son capaces de apoiar a emenda do PP para que o dique infrautilizado pola multinacional ALCOA en Morás poida empregarse como un novo porto comercial no futuro próximo.
O BNG NON É DE FIAR
“Parece que os meses pares están a favor da creación dun novo porto comercial en San Ciprián e os impares en contra” –afirman desde o PP comarcal que, abundando nesta falta de criterio dos nacionalistas, recordan o ridículo que fixeron cando desde o BNG da Mariña convocaban unha manifestación a prol da apertura do dique norte de Alcoa, días despois de que desde a antiga Consellería de Vivenda, xestionada polos nacionalistas, suprimían o proxecto de creación do cinto industrial Cervo-Xove, isto é, a área industrial na que se asentarían as novas empresas que deberan operar desde o novo porto comercial. En conclusión, “o BNG non é de fiar”
DATO ACREDITADO E CONSTRASTABLE, NON UNHA OPINIÓN DO PP
Os populares da Mariña queren deixar moi claro que a falta de apoio do BNG á apertura do dique norte de Alcoa non é unha opinión do PP, senón un dato contrastable, real e acreditado, que pode ser consultado por todos nos Diarios de Sesións das Cortes Xerais. Así lembran que o 8 de novembro de 2008 someteuse a votación de todos os deputados na Comisión de Orzamentos do Congreso unha emenda do Grupo Parlamentario Popular a través da que se reclamaba a inclusión nas contas estatais de 300.000 euros que serían destinados ao proxecto para a “apertura ao tráfico xeral do dique norte de Alcoa” e “actuacións para a súa adaptación ao tráfico comercial” (sic.). O Partido Popular quedouse só defendendo esta iniciativa xa que ningún Grupo Parlamentario, tampouco os deputados nacionalistas galegos, apoiaron a emenda.
A XUNTA DO PPdeG A FAVOR DESTA REIVINDICACIÓN
Os populares teñen a seguridade de que, nin PSOE nin BNG están pola labor de facilitar a apertura ao tráfico comercial xeral do porto de San Ciprián. Esta situación contrasta coa posición do PP que, tras acceder ao Goberno de Galicia, están a elaborar un estudo que acredite a viabilidade desta actuación o co que pretenden forzar, á luz dos datos contidos no devandito informe, un cambio de postura do Goberno central. Ata o momento o Executivo de Jose Luis Rodríguez Zapatero non cumpre os distintos acordos oficias que, procedentes de todas as institucións –Parlamento de Galicia, Deputación provincial e Cortes Xerais- instan á apertura do dique de Morás ao tráfico comercial xeral.

















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



