Nota de Prensa
O PSOE e o BNG néganse na Deputación de Lugo a pedir á Xunta a ampliación dos servicios e as competencias sanitarias do Hospital da Costa
* O PP califica de incoherente a postura adoptada polos deputados Lara Méndez e Antonio Veiga ó votar en Lugo o contrario do que respaldaron nos concellos de Cervo e Burela
Lugo, a 30 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou hoxe con contundencia a decisión do equipo de goberno da Deputación provincial de negarse a reivindicar ante a Xunta de Galicia a ampliación das competencias e dos servizos que ten na actualidade o Hospital da Costa.
Para os populares, socialistas e nacionalista protagonizaron unha situación bochornosa no último pleno celebrado na Deputación ó rechazar pedir máis servizos para a área sanitaria de A Mariña e conformarse co que hai, renunciando así a mellorar a atención sanitaria que están a recibir os habitantes desta comarca.
Engaden, ademais, que a actuación dos deputados pola Mariña e máis concretamente a de Lara Méndez e Antonio Veiga resulta, ademais de incoherente, absolutamente inexplicable. No caso de Méndez por votar a favor no concello de Cervo a unha proposta e termos idénticos a presentada polo GPPP o pasado martes no pleno da Deputación e no de Veiga porque o seu partido apoiou a mesma enmenda en Burela e Cervo.
O GPPP non desaproveita tampouco a ocasión para recordarlle ós representantes de ambos partidos que o anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia tiña elaborada unha proposta de ordenación sanitaria de Galicia na que prevían acoplar á área sanitaria de Ferrol os concellos da Mariña que actualmente conforman a área da costa lucense. Unha actuación que, ó entender do PP, deslixitima totalmente a PSOE e BNG para falar nada que teña relación co Hospital de Burela.
Dende o GPPP tampouco escatimaron críticas á Antonio Veiga polo feito de difundir unha nota de prensa na que minte xa que nela aseguran que a Deputación insta á Xunta a manter a área sanitaria de A Mariña (e Monforte) pese o voto en contra do Partido Popular. Para os populares éste é un exemplo máis da manipulación e dos enganos constantes á cidadanía xungando e manipulando a boa fé das persas, aínda que se amosan convencidos de que tales tretas non só non lograrán o obxectivo coa que foron urdidas senón que se volverán contra el.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



