RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradeceu hoxe o traballo realizado á directora saínte do Hospital Asilo e deu a benvida á nova responsable.
O rexedor sinalou que “hoxe quero agradecer públicamente á Madre Noelia, que ata agora foi a directora, nestes últimos cinco anos, do Hospital Asilo de Ribadeo. Agora vai ser trasladada pola súa orde relixiosa a Lituania, e eu creo que dende o punto de vista institucional é moi correcto agradecerlle o trato, agradecerlle o traballo, a adicación que tivo con Ribadeo, coa xente, cos maiores que nestes últimos anos nos que ela foi directora, estiveron neste Hospital-Asilo de Ribadeo e dende logo tamén queremos no día de hoxe darlle a benvida á nova directora, á Madre Emma que vén dende as Illas Canarias, xa que estivo traballando alí noutra cuestión social”.
Fernando Suárez considera que “nos cinco anos que ela levou aquí, facendo unha visión retrospectiva, cambiaron moitas cousas para ben, todo hai que dicilo, neste tempo que ela estivo como directora. Cando ela chegou asumiu que había unha situación problemática aquí no Hospital Asilo, había unha serie de problemas económicos e ela tivo que racionalizar ingresos con gastos dentro das posibilidades reais que existían. Ao mesmo tempo, dende hai uns poucos anos, dende os servizos de inspección autonómicos había determinadas suxerencias para mellorar a calidade dos servizos que se prestan á xente maior. Houbo que facer melloras nas infraestructuras que contaron cunha forte inversión tanto da Xunta de Galicia, como da Deputación Provincial, como do Concello e como non, para todo isto foi fundamental ter a colaboración da dirección do centro dado que se substituiron un sinfín de cuestións dende as camas de ferro, ata a maquinaria de lavandería que estaba obsoleta, baños que non estaban adaptados, non había ximnasio, agora dende hai un tempo, xa hai un botiquín novo, hai nova lavandería, hai servizo de fisioterapeuta, etc, etc, etc”.
O alcalde lembrou “o debate que tivemos hai moi poucos meses e que contou co apoio case unánime de toda a corporación e que no seu momento a Madre Noelia e máis eu sentámonos e collemos o touro polos cornos da situación, analizamos e vimos que os ingresos que o Hospital Asilo recibía das axudas que a xente daba era insuficiente para manter este servizo polo tanto propuxemos un novo regulamento, consensuado entre as dúas partes, entre o Concello e a dirección do Hospital Asilo, que foi aprobado maioritariamente por PP, o PSOE e o BNG. Aprobamos este novo regulamento que esixía unha serie de dereitos e obrigas tanto para os usuarios como para a directiva deste centro, é un regulamento que a día de hoxe cumpre coas normativas actuais e que dende logo intenta reducir esta fenda existente entre ingresos e gastos e ao mesmo tempo abre a porta a que a Xunta de Galicia poida aportar fondos seus de maneira ordinaria, que era algo que ata que este regulamento non estivo vixente, prácticamente ata hai cinco ou seis meses, non era posible, que de maneira ordinaria a comunidade autónoma poidera axudar a este Hospital Asilo, e todo isto, baixo a dirección destes anos da Madre Noelia”.
O rexedor asegura que “este regulamento que estamos poñendo en marcha ten que estar engrasado á perfección, estamos empezando a ter as comisións bilaterais, tal cual marca o regulamento á hora de admitir as peticións da xente maior que quere ingresar neste Hospital Asilo para que sexa dende o punto de vista transparente, dende o punto de vista dos criterios técnicos e obxectivos, porque moitas veces non hai prazas para toda a xente que quere entrar. Polo tanto hai que ter unha serie de criterios obxectivos tal e como marcamos neste regulamento que aprobamos de consenso entre a dirección do Hospital Asilo que rixe esta congregación relixiosa Marta e María e máis o Concello de Ribadeo”.
Suárez Barcia engade que “polo tanto eu como alcalde Ribadeo, eu creo que é de ben nacidos ser agradecidos desexarlle o mellor na súa nova misión en Lituania e dende logo ao mesmo tempo dámoslle a benvida á Madre Emma que seguramente terá moitísimas cousas que levar adiante”.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



