RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, aproveitou a visita do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, para pedirlle a súa colaboración en varios asuntos importantes para o municipio, como a ampliación da ponte que cruza a vía do tren en Ove ou a mellora da estrada que da servizo á praia de As Catedrais.
O rexedor sinalou que “nesta importante e primeira visita institucional do Presidente da Deputación de Lugo a Ribadeo, que contou coa presencia de membros de tódolos grupos da corporación e eu, como alcalde, pedínlle unha serie de asuntos de relación directa coa propia Deputación Provincial xa que se nos fai moi necesaria a súa presencia aquí en Ribadeo”.
Fernando Suárez explicou que “primeiramente, xa dende xaneiro deste ano 2009 pedímoslle formalmente que, por mor daquel ciclón Klaus que tanto destrozou e deteriorou moitos camiños municipais, nos trouxeran o parque de maquinaria da Deputación Provincial a Ribadeo, igual que a outros Concellos da Provincia, para que nos botara unha man e así complementar todo este gran esforzo que estamos facendo con outro tipo de fondos do Estado, da propia Deputación e tamén da propia Xunta, pero todo se fai necesario dado o gran número de camiños e gran rede quilométrica que ten Ribadeo. É necesario que o parque de maquinaria da Deputación tamén nos bote unha man en canto a motoliberadora, en canto a bacheo, etc, etc. Temos o compromiso alto e claro por parte do Presidente de que antes de que veñan as chuvias de novo, antes do inverno, vai estar aquí esta brigada para botarnos unha man neste sentido.
Suárez pediu ao Presidente da Deputación “un especial coidado e estudo do que é a ponte que hai no lugar de O Cobo, en Ove. Esta ponte que cruza a vía do tren e que é titularidade da Deputación Provincial de Lugo, é de acceso obrigado da maioría das parroquias do interior que queren vir á vila de Ribadeo, que teñen que pasar por aí. É unha ponte moi estreita, que cando se cruzan dous coches, os peatóns que van polas súas beiras corren un serio perigo, e non é soamente iso, senón que están tamén os nenos que van entrenar por aí aos campos de fútbol que temos do outro lado da vía do tren e tamén os veciños de Obe que van andando moitas veces. Por todo isto, lle pedimos unha especial atención para que logre ampliar esa ponte”.
O alcalde ribadense fixo fincapé en que “no seguinte Plan de Obras ten que dar unha volta, unha nova capa de aglomerado asfáltico ao que é a estrada de Vilaselán, titularidade da Deputación Provincial de Lugo e que, xa directamente, se inserta na nosa rede urbana, alí pola zona da Lodeira. Esta estrada está nunha situación precaria e é necesario que a Deputación acometa obras canto antes”.
Fernando Suárez suliñou que “finalmente, unha cuestión que nos preocupa moito, é o tema da praia de As Catedrais, dado que é importante esta situación que sempre decimos, de que cada ano vén máis xente, de que non son centos senón miles, milleiros de persoas e vehículos, os que non soamente en época estival, senón durante todo o ano, acuden a ese areal. Pedimos que a institución exceda un pouco a competencia municipal aínda que a praia é municipal, é de Ribadeo, realmente pola súa situación e o número de visitas é un problema que require de tódalas administracións porque se non esa praia pódese degradar ata o punto de chegar a morrer de éxito, como temos dito moitas veces. Si ben valoramos, que a Deputación Provincial este ano contribuíse a financiar un punto de información turística que por primeira vez se puxo alí na praia, tamén queremos que se acometan as obras de mellora, de reforzo do vial que pasa por alí. O propio Presidente da Deputación comprometeuse diante de tódolos membros da corporación a nun prazo de dous ou tres meses levar adiante o proxecto de reformulación de todo ese vial, co cal esperemos que para o verán do 2010 esté nunha situación moito mellor e moito máis razonable para poder soportar esa cantidade de xente que durante todo o ano visita o areal”. Suárez engadiu que “foron catro cousas moi importantes para Ribadeo as que lle pedimos e contamos coa súa cercanía. Penso que neste caso non nos vai defraudar porque defraudaría a Ribadeo”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



