NOTA DE PRENSA
Basanta afirma que Goberno Local con este caso mancha o nome de Foz
Os nacionalistas demandan que se aclare o contrato do esposo de Alonso
O BNG solicita a creación dunha comisión de investigación sobre o caso Saiju
O Bloque Nacionalista Galego vai proceder a solicitari no vindeiro Pleno da Corporación Municipal a solicitar a creación dunha Comisión non permanente do Pleno para investigar as relacións contractuais existentes entre o Concello de Foz e a empresa Saiju Instalacións.
A motivación desta proposta hai que busca-la na posición mantida en relación con este tema por parte do grupo de Goberno de Foz que nas últimas semanas lonxe de explicar as dúbidas existentes entre os veciños deste concello sobre as vinculación contractuais entre esta empresa e o Goberno Municipal dedicouse a dar a calada por resposta e intentar agochar a mesma. Aínda así o detonante da nosa proposta hai que atopa-la na actitude mantida polo Alcalde no Pleno de onte que diante das preguntas formuladas polo BNG sobre este caso limitouse a repetir a mesma cantinela de sempre, que non fai outra cousa que xerar máis dúbidas sobre este asunto.
Non entendemos desde o BNG como o grupo de Goberno que debía ser o máis interesado en clarexar estas cuestións, optase por votar balóns fora e non só iso que se dedique a montar polémicas estériles que non pretenden outra cousa que desviar a atención sobre o fondo do asunto. Nos nunca apostamos por xudicializar a vida política, agora ben, se a alguén lle gusta andar de preito en preito é problema del. Porén o inicio dun proceso xudicial, e más na vía penal, non significa que non haxa que asumir resposablidades políticas e administrativas que xurdan da aclaración deste caso no seo da corporación, porque a un cargo público non hai que esixirlle só que actúe conforme a dereito senón que actúe con decoro ético. Saiba logo, o grupo de goberno que o BNG, non vai admitir que actitude duns poucos poña en cuestión a honradez do noso Concello e manche o seu nome como está a acontecer neste caso.
O Bloque Nacionalista Galego entende que é necesario que por parte dos servizos de secretaría e de intervención se elaboren os informes técnicos necesarios que aclaren os termos legais desta relación contractual. Agora ben, precisamos respostas políticas, sobre a composición accionarial da sociedade, sobre a constitución desta en 2003 ten algo que ver coa entrada en política da Sr. Alonso,sobre o feito de que esta mude unha vez que muda a lei de contratos en 2008, sobre a participación, se é que existe da señora Alonso na sociedade, sobre a participación da Sr. Alonso nos beneficios da empresa a través do réxime de gananciais cunha accionista da empresa, sobre o papel que xoga o administrador único, cuñado de Alonso nesta sociedade, sobre se esta empresa fixo traballos de subcontrata para empresas concesionarias do Concello, sobre a facturación desta empresa a outros clientes, no caso de existir, que non sexan o Concello de Foz, sobre o aumento do patrimonio, no suposto de habelo, da Sr.Alonso desde que entrou na Corporación de Foz e se este ten haber con beneficios derivados da referida empresa…
Na mesma orde de cousas o BNG entende necesario que por parte do Grupo de Goberno se explique o proceso de contratación do esposo da Sra.Alonso no Concello de Foz posto que ate agora só escoitamos explicacións de mal pagador. Non nos vale a referencia a composición do tribunal, posto que todos sabemos que o traxe se corta en función do patrón e o patrón esta feito nas bases de contratación. Que curiosidade que se opte pola vía do contrato de relevo, cando todos sabemos que acontece con aqueles traballadores que entran de relevistas en calquera empresa, isto é da temporalidade ao traballo indefinido. Que curioso tamén a acreditación de determinadas cualificacións en relación con outros procesos selectivos que se deron no Concello. Que curioso que o Goberno Local se negue a elaborar unhas bases de contratación a pesar das mocións aprobadas a instancia do BNG desde que iniciou a lexislatura.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



