RIBADEO .- A asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta, o venres en Ribadeo, o obradoiro de fotografía dixital “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”. A actividade desenvolverase nos concellos de Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto a partir de outubro, e o prazo de inscrición está aberto até o día 30. “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, según indica a organización ” ten como obxectivo acadar o empoderamento das mulleres a través da fotografía”. Esta actividade xa se realizara de forma experimental no Concello de Ribadeo en 2007.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade leva “Olladas de mulleres” a Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto

O Observatorio da Mariña pola Igualdade leva “Olladas de mulleres” a Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto
Relacionado
-
O helicóptero Pesca-II evacúa a un tripulante ferido dun veleiro en Burela
-
O equipo de goberno aclara, unha vez máis, que as limpezas nas canles do barrio dos Muíños de Mondoñedo están programadas e se realizan de maneira regular todos os anos
-
O Concello de Trabada solicita á Xunta a reactivación da antena de Fórnea, en funcionamento só uns meses