NOTA DE PRENSA
O grupo popular sinala ao Executivo de PSOE e BNG como máximo responsable de que non poida entrar en servizo a Escola Infantil do Bahía
O BIPARTITO DESPILFARROU INXENTES CANTIDADES DE RECURSOS PÚBLICOS EN PUBLICIDADE E PROPAGANDA PERO NON CONTEMPLOU O ORZAMENTO NECESARIO PARA DOTAR DO MOBILIARIO E PERSOAL OPORTUNO Á ESCOLA INFANTIL DE FOZ
* O PPdeG pregunta no Parlamento polas previsións da Xunta para a apertura desta instalación
A Mariña, 08 de setembro de 2009.- O Grupo Parlamentario Popular, a través do seu deputado Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou unha iniciativa na Cámara autonómica pola que se interesa sobre as previsións que manexa a Xunta de Galicia para a apertura da nova Escola Infantil de Foz, sita nas instalacións do antigo hotel Bahía.
Os populares sinalan aos dirixentes da área de Benestar do anterior Executivo bipartito como máximos responsables da situación actual na que decenas de familias desta localidade non poden facer uso desta gardería malia terse finalizadas as obras de adecuación destas instalacións para albergar este novo servizo. Nin a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, dirixida naquel momento polo nacionalista Anxo Quintana, nin o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, órgano xestor da rede de escolas infantís de competencia autonómica, contemplaban nos seus orzamentos para 2009 previsións expresas para dotala do mobiliario e do persoal necesario para a súa posta en marcha. En contraste con esta situación, os populares subliñan que o Executivo bipartito gastou unha cantidade inxente de diñeiro en labores de publicidade e propaganda, despilfarrando recursos públicos que poderían terse destinados a outros fins de interese prioritario como é o caso da dotación do persoal e mobiliario axeitado para esta nova escola infantil.
O deputado do PPdeG reclama no Parlamento que os novos responsables da Xunta corroboren estes datos -a insuficiencia orzamentaria actual motivada pola imprevisión do Executivo bipartito- e establezan tamén as previsións necesarias para que a Escola Infantil de Foz poida estar operativa. Neste senso subliña que o actual Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou a firme decisión do actual Executivo de prescindir dos gastos superfluos para garantir a ampliación dos servizos públicos e das prestacións sociais. Por iso a dotación de novas Escolas Infantís é unha prioridade, xa non só como servizos básicos na tarefa da conciliación da vida laboral e familiar, senón tamén como infraestruturas de socialización e aproximación ao mundo educativo dos máis novos.
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, Emma Álvarez Chao e Marta Rodríguez Árias deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara presentan, ante esa mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
En contraste co excesivo gasto en publicidade e propaganda sobre medidas de atención á poboación infantil e sobre instrumentos de conciliación da vida laboral e familiar, o anterior Goberno bipartito non foi quen de cumprir os seus obxectivos en relación coa creación e dotación de novas escolas infantís na nosa comunidade.
Moitas destes servizos existían sobre o papel, nos anuncios e en declaracións públicas dos antigos responsables da área autonómica de Benestar, pero non acabaron por ter o seu reflexo na realidade, nin o respaldo necesario nos plans de actuación e orzamentos da Xunta de Galicia.
Un destes baleiros na acción de goberno do anterior Executivo autonómico pode verse no que está a acontecer no concello lucense de Foz onde decenas de familias están pendentes da entrada en funcionamento da escola infantil que o Consorcio Galego de Benestar construíu nas instalacións do antigo hotel Bahía.
Esta nova instalación, que ofertaría preto de 60 prazas para nenas e nenos de idades entre 0 e 3 anos e contribuiría a xerar preto de 20 novos postos de traballo, entre persoal de cociña, de limpeza, educadores e coidadores, non pode entrar en funcionamento xunto co inicio do actual curso escolar como consecuencia da falta de previsión e errada xestión do anterior Goberno bipartito de Galicia. Segundo puido coñecer o Grupo Parlamentario Popular os mesmos xestores que priorizaban a política de gasto masivo en publicidade, son responsables da falla de previsión orzamentaria para a instalación do equipamento e mobiliario necesario para poder abrir este novo centro, así como da oportuna dotación de persoal.
Co obxecto de verificar cada unha destas cuestións, así como coñecer as previsións que respecto da entrada en funcionamento desta nova escola infantil manexa o novo Executivo autonómico, cómpre responder ás seguintes preguntas:
1.-) ¿Contemplan as contas autonómicas para 2009, elaboradas polo anterior Goberno bipartito, algunha partida orzamentaria para a apertura da escola infantil de Foz? De ser así, ¿en que cantidade?
2.-) ¿Esta dotada na actualidade esta escolas infantil dalgún tipo de mobiliario? De ser así, ¿cal é?
3.-) ¿ Existe nas contas autonómicas para 2009, elaboradas polo anterior Goberno bipartito, algunha partida orzamentaria para a dotación de mobiliario e de persoal na nova escola infantil de Foz? De ser así, ¿en que cantidade?
4.-) ¿Cal é o orzamento que tanto no Consorcio Galego de Benestar como na anterior área de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia manexou para labores de publicidade e propaganda?
5.-) ¿Que previsións ten o novo Executivo autonómico para a entrada en funcionamento da nova escola infantil de Foz?
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



