BURELA (FNC) .- A Consellería de Economía e Industria ven de conceder unha subvención de 66.737,73€ ao Concello de Burela para melloras de alumeado e dotación de mobiliario urbanos nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán. Segundo explica o edil de Obras, Pascual Doménech, “sobre un coste total de 95.339,61€, o investimento subvencionable é do 70 % a repartir en dúas anualidades: 38.135,84€ no 2009, e 26.695,09 no 2010”.
Doménech sinala que “é necesario facer especial incidencia en executar obras de mellora dos equipamentos públicos con actuacións de carácter urbanístico nas rúas que potencien aspectos comerciais, dotándoas de máis servizos e proporcionarlle un aspecto o máis atractivo posible. Por todo elo, decideuse redactar o proxecto de mellora de alumeado público e dotación de mobiliario urbano en ditas rúas, obras necesarias dado o estado no que se atopa o alumeado público, escaso para unha zona de gran actividade e desenrrolo comercial”.
As obras a executar, segundo o edil socialista, “consisten no suministro e reposición de columnas e luminarias existentes, así como un estudo de reubicación e ampliación de farolas co obxeto de mellorar a luminosidade e cumprir coas esixencias mínimas da lexislación actual. Tamén será necesario facer a canalización subterránea do cableado que actualmente se atopa formada por báculos a fachada, principalmente na rúa Pardo Bazán. E así mesmo se dotará a zona de mobiliario urbano consistente en bancos e papeleiras uniformemente distribuidas”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



