LUGO .- A Xunta de Goberno aprobou este venres por vía de urxencia a adxudicación provisional de tres obras do Plan de Obras e Servizos de 2009 por valor de 1.367.817 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 663.141 euros. O voceiro provicial socialista, Antonio Gato Soengas, lembrou que “o POS deste ano supera os 6,3 millóns de euros, a metade da partida apórtaa o Ministerio de Administracións Públicas e o resto repártese entre a Deputación e os Concellos. Hoxe adxudicamos provisionalmente tres destas obras coas que satisfacemos a demanda dos veciños”.
Con cargo a este Plan, o organismo provincial acondicionará tres treitos da estrada provincial 4606 que vai de Pol a Ribeira de Piquín e á Fonsagrada. Concretamente, son os tramos de Rioxoan por Boel; Chao de Pousadoiro e Chao de Pousadoiro; Carballido a Asturias, e que suman 16,300 quilómetros. Asimesmo, tamén se mellorará o firme da CP 1611, no treito de 5,500 quilómetros que vai da N-VI á LU-541, en Begonte; e sanearanse os núcleos de Cancela Vella e Viladaide, en Barreiros.
ANUNCIO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCURRENCIA COMPETITIVA A ENTIDADES ASOCIATIVAS, AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E ESTABLECEMENTO, AMPLIACIÓN E MELLORA DE SERVIZOS DE INTERESE VECIÑAL – ANO 2009.
De conformidade co artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e co artigo 17 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, se dá publicidade ás subvencións concedidas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 30 de outubro de 2009.
| TITULAR E CONCELLO | CONCEPTO | ORZAMENTO | SUBVENCIÓN |
| Asociación de veciños S. Bartolomé de Cabaneiro.Abadín. | Acondicionamento fonte ornamental. | 3.615,00 | 2.711,00 |
| AA.VV. San Cosme da Montaña. Abadín. | Arranxo do muro do cemiterio parroquial. | 12.365,00 | 8.000,00 |
| Asociación de veciños de Gontán. Abadín. | Dotación badal electrónico na capela. | 3.619,20 | 2.497,00 |
| Monte veciñal en man común Argan de Corvite, Curros de Chimenea e Veira. Abadín. | Reenchido e acondicionamento no lugar de Veiga-Alaxe. | 8.700,00 | 6.000,00 |
| Asociación veciños “O Cruceiro da Lamagrande”. Abadín. | Acondicionamento cemiterio e entorno igrexa. | 10.428,40 | 7.821,30 |
| Cándido Paleo Rejes. Alfoz. | Alumeado público barrios. | 11.769,00 | 8.826,75 |
| José Pernas Cabanas. Alfoz. | Acondicionamento pista dos Agros. | 15.022,00 | 11.266,50 |
| María del Carmen Goás Ferreiro. Alfoz. | Alumeado na zona de Rizal. | 1.838,00 | 1.378,50 |
| Comunidade usuarios traída augas Sta. Mariña. Antas de Ulla. | Limpeza e roza de camiños veciñais. | 1.060,00 | 795,00 |
| Comunidade usuarios augas Sta. Mariña. Antas de Ulla. | Canalización auga a depósitos de Sta. Mariña. | 17.074,65 | 12.000,00 |
| José Manuel Rodríguez Prado. Antas de Ulla. | Limpeza e restauración das canalizacións de Vilasón. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Victor Sánchez Vilariño. Antas de Ulla. | Acondicionamento camiño en Facha a Monte de Facha. | 15.466,76 | 11.600,00 |
| Manuel Angel Dieguez Vázquez. Antas de Ulla. | Asfaltado pista de Coira a Vilanxil. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| José María Alvarez Dorado. Baleira. | Apertura, acondicionamento de pista na Lastra. | 9.244,00 | 6.933,00 |
| Asociación de veciños do Cádavo. Baleira. | Reforma de lavadoiro. | 7.150,00 | 4.623,00 |
| Comunidade de montes Queirogal e Quinta. Baleira. | Restauración muíño veciñal. | 18.822,16 | 12.000,00 |
| Amaro López Rivero. Baleira. | Ensanchamento de curvas acceso pobo de Surriba. | 3.524,00 | 2.643,00 |
| Asociación veciños de Vilela – Surriba. Baleira. | Reforma traída de augas e captación de fonte. | 15.900,00 | 11.925,00 |
| Comunidade monte veciñal man común Picato e Serra do Val. Baralla. | Alumeado público en Lebruxo. | 11.072,09 | 7.147,57 |
| Ana María del Rio Riesgo. Baralla. | Rehabilitación lavadoiro de Gundián. | 12.000,00 | 9.000,00 |
| Juan José Otero Pérez. Baralla. | Restauración colexio público de Vilachambre. | 8.000,00 | 6.000,00 |
| José Alvarez Osorio. Baralla. | Acondicionamento acceso en Pena. | 9.600,00 | 7.200,00 |
| AA.VV. “O Cazcallal de Vilamar”. Barreiros. | Acondicionamento área recreativa (segunda fase). | 5.846,00 | 4.000,00 |
| Asociación de veciños “Virxen do Carmen”. Barreiros. | Centro social Villamartín (solados e cheminea). | 7.412,00 | 4.500,00 |
| Asociación de veciños “San Miguel”. Barreiros. | Saneamento a Barranca (primeira fase). | 12.615,00 | 8.000,00 |
| Asociación de veciños de “San Cosme”. Barreiros. | Urbanización camiños veciñais. | 11.600,00 | 8.000,00 |
| Miguel Veiga Rodríguez. Barreiros. | Alumeado público camiño Barreiro-Rumiña. | 8.073,00 | 5.220,00 |
| Joaquín Dorado Docobo. Barreiros. | Parque infantil a Golada. | 9.048,00 | 5.850,00 |
| Comunidade usuarios auga de Vilachá. Becerreá. | Captación de augas a Vilachá. | 15.996,30 | 11.997,22 |
| Comunidade usuarios de auga de Foerla. Becerreá. | Distribución abastecemento de augas. | 4.251,72 | 3.188,79 |
| José María Ramos López. Becerreá. | Grupo depurador en Bullán. | 12.000,78 | 9.000,58 |
| Asociación de veciños de Herbón. Becerreá. | Construción de escollera en Herbón. | 15.961,60 | 11.971,20 |
| Asociación veciñal “Os Milagros de Saavedra”. Begonte. | Reforma e acondicionamento escola do Campo de Arriba. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Monte veciñal man común de Baamonde. Begonte. | Acondicionamento camiños rurais. | 16.450,00 | 12.000,00 |
| Carlos Varela Fernández. Begonte. | Acondicionamento campo da festa de Cerdeiras. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Monte veciñal man común de Bóveda. Begonte. | Arranxo tellado casa escola de Bocacarreira. | 13.770,00 | 10.327,50 |
| Asociación deportiva club fútbol de Bóveda. Bóveda. | Construción local para reunións. | 15.000,00 | 11.250,00 |
| Comunidade de montes de Ribas Pequenas. Bóveda. | Arranxo da casa escola (primeira fase). | 24.800,00 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños “San Pedro Félix”. Bóveda. | Mobiliario urbano. | 6.000,00 | 3.750,00 |
| Asociación de veciños “O Vencello”. Burela. | Arranxo camiño das Riveiras. | 19.800,00 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños “O Vencello”. Burela. | Acondicionamento camiño dos Matos. | 23.640,00 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños de Galegos. Carballedo. | Cementación camiños en Galegos. | 14.993,00 | 11.244,75 |
| Asociación cultural e veciñal “Virxe da Porteria”. Castro de Rei. | Acondicionamento pasarela e planta baixa do centro social. | 8.772,80 | 6.579,60 |
| Asociación de veciños de Loentia. Castro de Rei. | Acondicionamento fonte do Pozón. | 3.000,00 | 2.250,00 |
| Asociación mulleres rurais “A Xuntanza”. Castro de Rei. | Acondicionamento da escola de Outeiro. | 9.823,71 | 7.367,78 |
| Asociación cultural “Ignacio Rey Stolle”. Castro de Rei. | Reformas teleclub de Bazar e pista deportiva. | 18.650,00 | 12.000,00 |
| Jesús María Muinelo Cupeiro. Castro de Rei. | Arranxo do templo parroquial de Bazar. | 8.479,00 | 6.359,25 |
| Jesús María Muinelo Cupeiro. Castro de Rei. | Reparación e mellora casa vivenda do crego. | 8.337,00 | 3.000,00 |
| Jesús María Muinelo Cupeiro. Castro de Rei. | Reparación no templo parroquial de Prevesos. | 6.050,40 | 4.537,80 |
| Asociación veciños Santiago de Espasande. Castroverde. | Colocación escaleiras e solado local social (segunda planta). | 7.340,00 | 5.500,00 |
| Comunidade usuarios Fonte de Naveda. Castroverde. | Depósito e canalización traída de augas. | 8.000,00 | 5.000,00 |
| Manuel Fernández Fernández. Castroverde. | Mellora do abastecemento de auga a Corral. | 6.700,00 | 5.000,00 |
| Armando Polín Rodríguez. Castroverde. | Abastecemento de auga a Granda. | 4.500,00 | 3.375,00 |
| José Francisco Lago Alvarez. Castroverde. | Arranxo capela de Pereira. | 8.000,00 | 5.000,00 |
| Comunidade monte veciñal man común “Chao da Serra e Chao da Travesa”. Castroverde. | Acondicionamento antigo colexio para local social (primeira fase). | 6.989,72 | 4.892,80 |
| Jaime Villar Neira. Castroverde. | Traída auga da finca do Carballal. | 15.450,00 | 4.000,00 |
| Amelia Amigo Santín. Cervantes. | Acondicionamento dun camiño en Noceda. | 2.536,63 | 1.902,47 |
| José Luís Fernández López. Cervantes. | Acondicionamento dun camiño en Fonquente. | 5.481,77 | 4.111,33 |
| Antonio Tadín Méndez. Cervantes. | Reparación muro núcleo de Chan de Lagares. | 13.224,00 | 9.918,00 |
| Gerardo Gómez Neira. Cervantes. | Restauración fonte no núcleo de Doiras. | 2.298,37 | 1.723,78 |
| Josefa Antonia Núñez González. Cervantes. | Reparación varios peches fincas en Veiga do Seixo. | 6.890,83 | 5.168,12 |
| Jesús Digón Rodríguez. Cervantes. | Restauración fonte no núcleo de Cela. | 3.500,28 | 2.625,21 |
| Monte veciñal Vilarello da Iglesia.- Cervantes. | Instalación pararraios en Vilarello da Iglesia. | 9.887,78 | 7.415,83 |
| Asociación veciños de Cervo e Sargadelos. Cervo. | Segunda fase de arranxo e saneamento local social. | 9.900,00 | 7.425,00 |
| Ruben Corral Bahamonde. Cervo. | Acondicionamento campo da festa. | 18.968,72 | 12.000,00 |
| Domingo Otilio Pérez Lidor. O Corgo. | Acondicionamento entorno local social e equipamento do mesmo. | 16.223,05 | 12.000,00 |
| Asociación veciños de Cela “Ponte de Neira”. O Corgo. | Acondicionamento aseos e muro contención en local social. | 6.659,00 | 4.994,25 |
| Eduardo Ferreiro López. O Corgo. | Acondicionamento e mellora accesos a Outeiriño e outros. | 14.239,85 | 10.679,88 |
| Asociación veciños San Cristobal de Chamoso. O Corgo. | Mellora de pavimentación. | 32.213,20 | 12.000,00 |
| Asociación veciñal A Pena. Cospeito. | Ampliación e acondicionamento aula escola. | 5.300,00 | 3.975,00 |
| José Alvarez Méndez. Cospeito. | Rehabilitación do campo santo de Arneiro (segunda fase). | 4.900,00 | 3.675,00 |
| Asociación de comerciantes, empresarios, profesionais, e gandeiros. Cospeito. | Reparación na área recreativa Ribas de Miño. | 5.375,00 | 4.031,00 |
| Rosa María Yáñez Lanzós. Cospeito. | Pavimentación campo veciñal (segunda fase). | 4.807,04 | 3.000,00 |
| Asociación veciñal Sanxurxo de Goa. Cospeito. | Reparación campo santo de Goa (segunda fase). | 5.104,00 | 3.828,00 |
| Asociación de veciños de Santalla de Rioaveso. Cospeito. | Colocación canlón, pintado interior, da igrexa. | 3.746,80 | 2.810,00 |
| Asociación veciñal “O Cruceiro de San Pedro de Seixas”. Cospeito. | Cerramento campo da festa de Seixas (primeira fase). | 9.426,16 | 7.069,62 |
| Asociación veciños para o desenvolvemento e a defensa medioambiental de San Vicente de Argozón. Chantada. | Cuberta do edificio social da asociación. | 20.838,77 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños de Piedrafita. Chantada. | Acondicionamento local social (antiga escola). | 12.064,00 | 9.048,00 |
| Asociación veciños de Santa Uxia de Asma. Chantada. | Arranxo local social. | 18.000,00 | 12.000,00 |
| Antonio Blanco López. Chantada. | Acondicionamento camiño da zona de Pesqueiras. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Domingo López Carrete. Folgoso do Caurel. | Pavimentación camiños en Esperante. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Eliberto Barreiro Aira. Folgoso do Caurel. | Construción muro de contención en Campelo. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| José Luís Regueiro López. A Fonsagrada. | Arranxo pista a Xestoso. | 7.253,30 | 5.439,95 |
| Monte veciñal man común de Seoane. A Fonsagrada. | Acondicionamento camiño de Seoane. | 8.300,90 | 6.225,67 |
| Benjamín Fernández Díaz. A Fonsagrada. | Acondicionamento camiño de acceso a Santa Juliana. | 8.420,52 | 6.315,39 |
| Asociación de mulleres “A Montaña”. A Fonsagrada. | Acondicionamento local social. | 8.514,40 | 6.385,80 |
| Comunidade veciños dos Montes de Ferreirola. A Fonsagrada. | Pavimentación camiño en Ferreirola. | 8.654,90 | 6.491,17 |
| Serafín Rodríguez García. Foz. | Acondicionamento solo central da igrexa de Sta. Cecilia. | 16.000,00 | 5.000,00 |
| Asociación cultural “Virxe do Carme de San Martiño”. Foz. | Cambio do solo na capela Virxe do Carme. | 15.680,00 | 3.000,00 |
| Asociación de veciños “San Pedro”. Foz. | Reparación da fachada exterior do cemiterio de San Pedro de Cangas. | 8.030,00 | 4.000,00 |
| Asociación cultural “O Castro de Vilaronte”. Foz. | Acondicionamento do local social “O Castro”. | 15.977,26 | 6.000,00 |
| Asociación de veciños San Xulián de Cordido. Foz. | Acondicionamento da pista do Coto do Sixto (primeira fase). | 15.000,00 | 3.000,00 |
| AA.VV. Xunta parroquial de Fazouro. Foz. | Ampliación ponte de F.E.V.E. (segunda fase). | 5.000,00 | 3.580,70 |
| Foz Clube de tenis. Foz. | Acondicionamento vestiarios e mellora da pista de tenis. | 16.000,00 | 6.000,00 |
| Asociación de veciños San Xulián de Nois. Foz. | Construción lavadoiro público no río. | 12.926,00 | 5.000,00 |
| Asociación veciños de San Acisclo “Río de Ouro”.Foz. | Arranxo pista dende Chao da Liñeira a Vilacizal (segunda fase). | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Agrupación Santiago de Foz. Foz. | Rehabilitación e restauración igrexa de Foz (primeira fase). | 405.260,79 | 3.000,00 |
| Celsa López Santos. Friol. | Acondicionamento camiño público As Petas. | 2.500,00 | 1.875,00 |
| Antonio Neira Torres. Friol. | Acondicionamento camiño público no lugar do Carregal. | 3.800,00 | 2.850,00 |
| Angel Ferreiro Lage. Friol. | Acondicionamento camiño público en Madelos. | 3.200,00 | 2.400,00 |
| Francisco Ferreiro Lage. Friol. | Acondicionamento acceso núcleo de poboación de Freixido. | 12.400,00 | 9.300,00 |
| Constantino Rodríguez Arias. Friol. | Acondicionamento camiño público en Vidueiro. | 3.800,00 | 2.850,00 |
| José Manuel Marques Espiñeira. Friol. | Acondicionamento camiño público Hidreira-Carballeira. | 12.000,00 | 9.000,00 |
| Manuel Serén Río. Friol. | Acondicionamento acceso e camiño público en Campo da Torre. | 10.200,00 | 7.650,00 |
| Concepción Ares López. Guitiríz. | Adecentamento camiño Fontetaza-Modia. | 12.576,00 | 8.000,00 |
| Comunidade usuarios da auga dos Murillos. Guitiríz. | Reforma da traída de augas (terceira fase). | 17.833,84 | 10.000,00 |
| Federico Yáñez Ulla. Guitiríz. | Pavimentación camiño do Tomboliño. | 12.900,00 | 9.000,00 |
| Plataforma “Pro-Labrada”. Guitiríz. | Retellado escola de Labrada. | 18.200,00 | 10.000,00 |
| Asociación veciños de Santa Esteban de la Mota. Guntín | Apertura de camiños en Cima de Vila. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciñal Lousadela. Guntín. | Acondicionamento antiga escola de Lousadela (segunda fase). | 7.339,00 | 5.504,00 |
| Antonio Alvarez Alonso. Guntín. | Reparación igrexa de Santa Euxea. | 6.000,00 | 4.500,00 |
| Asociación veciñal e cultural “Terras do Incio”. O Incio. | Adquisición material audiovisual portátil. | 5.510,00 | 4.132,50 |
| Asociación veciñal e cultural “Terras da Castiñeira”. O Incio. | Acondicionamento e mellora de camiños na Castiñeira. | 8.245,00 | 6.183,75 |
| Agrupación de propietarios particulares de Castro. O Incio. | Acondicionamento camiño e fonte en Castro. | 8.350,20 | 6.262,65 |
| José Antonio Vilar Fernández. O Incio. | Acondicionamento camiño en fonte en Calvos. | 6.380,00 | 4.785,00 |
| José Luís López Tallos. Láncara. | Reparación entorno da igrexa de San Martiño de Oleiros. | 2.738,00 | 2.000,00 |
| Pilar Núñez Rodríguez. Láncara. | Urbanización entorno escola de Monseiro. | 6.132,00 | 4.500,00 |
| Cesareo Sangil López. Láncara. | Construción bebedeiro -lavadoiro en Bustelo. | 2.561,80 | 1.800,00 |
| Monte veciñal man común de Illoa, Picos e Serra. Láncara. | Traída de auga para fontes públicas. | 8.230,20 | 6.172,65 |
| Monte veciñal man común de Illoa, Picos e Serra. Láncara. | Pavimentación camiño en San Pedro. | 3.981,12 | 2.985,84 |
| Pablo Bande López. Láncara. | Pavimentación interior cemiterio de Trasliste. | 10.220,00 | 7.650,00 |
| María Jesús Labandeira Piñeiro. Láncara. | Colocación de tubos en camiño do lugar de Roxedoiro. | 2.105,40 | 1.579,05 |
| José López Rodríguez. Láncara. | Canalización auga fonte entorno igrexa de Toldaos. | 3.206,80 | 2.405,10 |
| Asociación veciños sociocultural e medioambiental “San Pedro de Fiz”. Lourenzá. | Acondicionamento de camiños rurais na Cazolga. | 19.914,70 | 12.000,00 |
| Arsenio Rico Carracedo. Lourenzá. | Acondicionamento área recreativa en Cubela. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| J. Manuel Romay González. Lugo. | Peche campo da festa en Manzoi. | 18.800,00 | 12.000,00 |
| Asociación deportiva “Dezportas Lugo”. Lugo. | Adecuación instalacións deportivas para práctica tenis mesa. | 18.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciños de Gondar. Lugo. | Camiño de Vigo cara á Lixoa. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciños, cultural, deportiva de Ribas de Miño. Lugo. | Mellora local social. | 11.686,00 | 8.764,41 |
| Ramón Pio Quiroga Alvarez. Lugo. | Alumeado público camiño de Barxelas. | 11.882,67 | 8.912,00 |
| Asociación veciños, cultural, deportiva San Xoan de Tirimol. Lugo. | Mellora pista polideportiva e centro social de Tirimol. | 10.500,00 | 7.875,00 |
| AA.VV. deportiva-cultural Castelo-Rato. Lugo. | Arranxo cemiterio veciñal. | 25.864,65 | 12.000,00 |
| Parroquia de Labio San Pedro. Lugo. | Peche do cemiterio de Labio. | 18.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación campo veciñal de San Vicente do Burgo. Lugo. | Acometida de auga en San Vicente. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Asociación veciños “Gatos Roxos”. Lugo. | Substitución e reposición tellado local social. | 11.950,00 | 8.962,00 |
| Asociación lucense de axuda a enfermos mentais. Lugo. | Adquisición equipamento de accesibilidade para suprimir barreiras arquitectónicas. | 23.844,25 | 11.394,25 |
| Francisco Camacho López. Lugo. | Acondicionamento camiño veciñal Chancela-As Campas. | 18.560,00 | 12.000,00 |
| Asociación cultural e de veciños San Juan del Campo. Lugo. | Acondicionamento campo-pista polideportiva (segunda fase). | 17.400,00 | 12.000,00 |
| Parroquia Santiago A Nova. Lugo. | Restauración retablo maior da igrexa da Nova. | 22.620,00 | 12.000,00 |
| Asociación cultural “Do Estreito – Seixosmil”. Meira. | Acondicionamento de la Congostrada da Azureira. | 15.000,00 | 11.250,00 |
| Asociación veciños Vilardemouros. Meira. | Arranxo de cuberta centro socio cultural. | 14.999,99 | 11.249,99 |
| Félix Méndez Nogueira. Mondoñedo. | Formación firme asfáltico desde Formigueiro a Valiño. | 17.000,00 | 12.000,00 |
| Margarita López García. Mondoñedo. | Acondicionamento de pista no lugar de Portela. | 10.000,00 | 7.378,18 |
| Asociación de veciños “Santa Isabel de Figueiras”. Mondoñedo. | Ampliación do centro cultural. | 20.114,61 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños “San Amaro de Moreda”. Monforte de Lemos. | Acondicionamento fonte do Orengo. | 10.550,00 | 7.912,50 |
| Asociación de veciños “San Juan de Tor”. Monforte de Lemos. | Acondicionamento camiño de Barrianco. | 11.202,92 | 8.402,19 |
| Javier Díaz Martínez Monforte de Lemos. | Acondicionamento camiño do Muro en Campo de Abaixo. | 14.987,20 | 11.240,40 |
| Asociación veciños de Ribasaltas. Monforte de Lemos | Muro do atrio da igrexa. | 12.975,63 | 9.731,72 |
| Asociación de veciños da Pinguela. Monforte de Lemos. | Arranxo accesos vivendas do barrio da Pinguela. | 16.077,60 | 12.000,00 |
| Emilio Illanes Mondelo. Monforte de Lemos. | Entorno interior do barrio de Rioseco. | 14.186,45 | 10.639,83 |
| Asociación veciños San Xiao de Tor – Virxen do Carmen. Monforte de Lemos. | Camiño do Miogo. | 15.081,70 | 11.311,27 |
| Asociación veciños de Piñeira. Monforte de Lemos. | Instalación calefacción local social-escola. | 16.585,68 | 12.000,00 |
| José Luis Armas Quinta. Monterroso. | Pavimentación núcleo de Sambreixo. | 10.666,71 | 8.000,03 |
| Carlos Otero Meilán. Monterroso. | Bacheo e selado no núcleo de O Bispo. | 10.666,67 | 8.000,00 |
| Guillermo Valiño Labandeira. Monterroso. | Bacheo e selado núcleo de Fufín e camiño Vilanova. | 10.666,67 | 8.000,00 |
| Julio Ares Vázquez. Monterroso. | Bacheo e selado núcleos de Outeiro e Milleiros. | 9.333,33 | 7.000,00 |
| José Manuel Viña Varela. Monterroso. | Bacheo e selado núcleo de Pol e camiño entrada a Vilar. | 12.000,00 | 9.000,00 |
| Santiago Barro Pardiño. Muras. | Pista de Ferreiros. | 11.864,59 | 8.898,44 |
| Andrés Chao Orosa. Muras. | Mellora camiño rural de Coruxos a Colviño. | 10.217,70 | 7.663,27 |
| Victor A. Vázquez Trastoy. Muras. | Mellora camiño rural de Tras o Muro Novo a Pena do Pereiro. | 11.945,87 | 8.959,40 |
| Guadalupe Fernández López. Navia de Suarna. | Construción muro cerramento no cemiterio de Barcia. | 22.621,95 | 8.600,00 |
| Manuel Pérez Fernández. Navia de Suarna. | Mellora iluminación pública en Robledo de Rao. | 10.348,18 | 6.242,65 |
| Carlos Fernández Méndez. Navia de Suarna. | Mellora iluminación pública en A Pedreira. | 8.330,23 | 5.675,14 |
| Feliciano Lombardero Yáñaez. Navia de Suarna. | Mellora iluminación pública en Mosteirín. | 14.961,00 | 10.699,33 |
| Oscar Pérez López. Navia de Suarna. | Mellora iluminación pública en Murias do Camiño. | 5.180,00 | 3.364,42 |
| Comunidade monten en man común de Robledo. Negueira de Muñiz. | Acondicionamento camiños en Robledo. | 15.000,00 | 11.250,00 |
| Carlos Espín García. As Nogais. | Acondicionamento praza da festa de Nullán. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños de Ourol. Ourol. | Remodelación aparcamento zona da igrexa. | 20.906,77 | 12.000,00 |
| Asociación veciñal “O Ferreiro”. Outeiro de Rei. | Rehabilitación da cuberta da igrexa de San Vicente. | 39.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciños deportivo cultural Miño-Ladra. Outeiro de Rei. | Rehabilitación lavadoiro público en Cartel. | 13.824,88 | 10.368,66 |
| Asociación socio-cultural “Pedreses”. Palas de Rei. | Adecentamento núcleo de Lamas. | 8.488,80 | 6.366,60 |
| Angel José Gaviero Curras. Palas de Rei. | Acondicionamento pista Villaespesa-Hermida e Luxila. | 7.135,95 | 5.351,96 |
| Asociación cultural deportiva “San Vicente de Ulloa”. Palas de Rei. | Subministro instalación megafonía igrexa de San Vicente. | 4.977,10 | 3.732,83 |
| José Arias Rouco. Palas de Rei. | Adecentamento núcleo de Lamaboa. | 15.868,80 | 11.901,60 |
| Benigno Corredoira Arias. Palas de Rei. | Adecentamento do núcleo de A Cernada. | 5.444,75 | 4.083,56 |
| José Antonio Paredes González. Palas de Rei. | Ampliación de alumeado público en Vilar de Donas. | 6.267,00 | 4.700,25 |
| Amadeo Casares Silva. Palas de Rei. | Adecentamento pista de Vincia a Avieira, | 5.580,37 | 4.185,28 |
| Alicia Ferreiro González. Palas de Rei. | Canalización augas e fonte ornamental no lugar de Moredo. | 9.089,99 | 6.817,49 |
| José García Varela. Palas de Rei. | Adecentamento do núcleo de Outeiro. | 4.549,52 | 3.412,14 |
| Asociación veciños “A Capela”. Palas de Rei. | Acondicionamento local social. | 7.000,00 | 5.250,00 |
| Asociación veciñal e cultural “Cabalo Branco de Santiago de Cangas”. Pantón. | Rehabilitación e equipamento local social. | 29.472,00 | 3.600,00 |
| Asociación veciños “A Curuxeira”. Pantón. | Acondicionamento interior local social. | 5.370,00 | 3.000,00 |
| Jesús Rodríguez Sanjurjo. Pantón. | Adecuación manancial no lugar de Goian. | 3.200,00 | 2.400,00 |
| Asociación de veciños “Santo Cristo”. Pantón. | Edificio local social (primeira fase). | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Fernando Fernández Rodríguez. Pantón. | Acondicionamento camiño da Riveira. | 6.000,00 | 4.500,00 |
| Asociación de veciños San Antonio. Pantón. | Parque infantil de San Antonio, en Santiago de Castillón. | 6.000,00 | 4.500,00 |
| Jesús Armesto Rodríguez. Paradela. | Accesos de Suar a Celmán. | 6.247,00 | 4.685,25 |
| José Antonio Rodríguez López. Paradela. | Afirmado e saneamento camiño do Valiño. | 6.865,00 | 4.119,00 |
| Secundino Pérez López. Paradela. | Captación e condución de auga a igrexa parroquial de Santa María. | 7.000,00 | 4.200,00 |
| José Vázquez Arias. Paradela. | Formigonado do lugar de O Lombao. | 9.795,00 | 6.366,75 |
| Asociación empresarios e comerciantes do Páramo.O Páramo. | Aula informática – telecentro. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciños e cultural “Augas Féreas de Vileiriz”. O Páramo. | Acondicionamento camiño de Vileiriz a O Agro, de Treilán a Vileiriz e compra de mobiliario. | 8.000,00 | 6.000,00 |
| Asociación Terras de Friolfe. O Páramo. | Acondicionamento camiño Vigo de Friolfe-Santema. | 8.000,00 | 6.000,00 |
| Asociación veciñal Paredes-Pico. O Páramo. | Acondicionamento e mellora do campo da festa de Paredes. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Asociación veciños e cultural “O Cruceiro de Saa”. O Páramo. | Acondicionamento praza de Pacios e da fonte do Cruceiro. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Asociación veciñal e cultural a “Ribeira de San Mamede”. O Páramo. | Acondicionamento entorno praza veciñal e mobiliario. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Patricio Grandio Paz. A Pastoriza. | Acondicionamento da cuberta da igrexa de Cadavedo. | 9.500,00 | 7.030,00 |
| Julio Castro Folgueira. A Pastoriza. | Depósito contra incendios en Baltar. | 14.719,92 | 10.966,34 |
| Monte veciñal man común “A Cebreiro”. A Pastoriza. | Acondicionamento de nave no lugar de A Cebreiro. | 24.000,00 | 11.900,00 |
| Monte veciñal man común de Mudia. A Pastoriza. | Accesos ao monte Mudia. | 6.000,00 | 4.470,00 |
| Comunidade montes man común de Mudia en Bozo. A Pastoriza. | Depósito de incendios en Loboso. | 14.719,92 | 10.966,34 |
| Asociación veciños “Campo do Cruceiro”. A Pastoriza. | Acondicionamento muro perímetral atrio igrexa. | 11.680,10 | 8.701,68 |
| Asociación veciños Zanfoga – Monte de Faro. Pedrafita do Cebreiro. | Reparación de cuberta de lousa da igrexa (segunda fase). | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación de Pacios Montaña de Pedrafita. Pedrafita do Cebreiro. | Reparación cuberta de lousa da igrexa de Pacios. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| José Luis Lugueros Fernández. Pedrafita do Cebreiro. | Substitución de muros de peche de camiño, reparación de pavimentación de víal e canalización de augas pluviais as beiras do mesmo, no lugar de Veiga de Forcas. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños “Santa Mariña do Lor”. Pobra do Brollón. | Acondicionamento do patio traseiro do local social. | 14.268,00 | 10.701,00 |
| Asociación de veciños de Vilachá de Salvador. Pobra do Brollón. | Rehabilitación da fonte de Vilachá. | 17.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación de veciños “María Castaña de Cereixa”. Pobra do Brollón. | Acondicionamento palco da festa para local social. | 22.475,00 | 12.000,00 |
| Sagrario Rodríguez Morán. Pol. | Reparación da fonte no lugar de Vilar. | 13.491,96 | 10.118,97 |
| Asociación parroquial San Andrés de Ferreiros. Pol. | Cambio cuberta en local social. | 13.456,00 | 10.092,00 |
| José Luís López Domínguez. Pol. | Acondicionamento accesos en Vilar do Infante. | 16.554,72 | 12.000,00 |
| Pedro Rivas Andión. Pol. | Construción depósito de auga non potable no lugar de Poula. | 14.199,56 | 10.649,67 |
| Asociación cultural “A Hermida”. A Pontenova. | Mellora e acondicionamento de camiños. | 8.000,10 | 6.000,08 |
| Carlos Corredoira Calvin. A Pontenova. | Acondicionamento capela e afirmado de camiños no lugar de Teixedais. | 13.333,33 | 10.000,00 |
| Monte veciñal man común de San Esteban, Acebro, e Insua. A Pontenova. | Mellora e acondicionamento de camiños. | 6.666,98 | 5.000,24 |
| Dionisio López Alvite. A Pontenova. | Execución depósito de auga en A Cova. | 10.666,66 | 7.999,99 |
| José López Mañana. Portomarín. | Mellora no acceso a igrexa no lugar de Sanfiz. | 2.700,00 | 2.025,00 |
| José Rodríguez Martínez. Portomarín. | Mellora nos accesos e camiños do núcleo de Caborrecelle. | 13.400,00 | 10.050,00 |
| José Rodríguez López. Portomarín. | Mellora no campo da festa de Vedro. | 15.541,90 | 11.656,43 |
| Manuel López Rodríguez. Portomarín. | Mellora na igrexa de Soengas. | 11.754,72 | 8.816,04 |
| Asociación de veciños Novaes. Quiroga. | Rehabilitación fonte pública. | 13.400,00 | 10.050,00 |
| Asociación de veciños de Margaride. Quiroga. | Arranxo de camiños en Margaride. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación “O Choupeiro”. Rábade. | Recuperación zona desove río Miño: Ponte de ferro. | 11.400,00 | 8.550,00 |
| Asociación veciños de Villaframil “San Isidro”. Ribadeo. | Instalación dun pequeno repetidor de TV. | 19.413,53 | 12.000,00 |
| Asociación veciños “Reanem”. Ribadeo. | Instalación parque saudable e peche lateral en As Anzas. | 16.205,00 | 12.000,00 |
| Sociedade filantrópico-dramática de Ribadeo. Ribadeo. | Rehabilitación de paramentos de escenario. | 5.000,00 | 3.500,00 |
| Asociación veciños de Couxela. Ribadeo. | Rehabilitación local social. | 12.017,60 | 9.013,20 |
| Asociación veciños de Arante. Ribadeo. | Arranxo e acondicionamento zona local social. | 4.726,60 | 3.544,95 |
| Asociación veciños parroquia Vilaselán. Ribadeo. | Obras e reformas no cemiterio. | 6.742,00 | 5.056,50 |
| Asociación cultural “O Paso de San Pedro”. Ribas de Sil. | Construción local social (segunda fase). | 16.000,00 | 12.000,00 |
| José Quiroga Armesto. Ribas de Sil. | Camiño de acceso a Vilanova. | 4.060,00 | 3.045,00 |
| Antonio Doval Arias. Ribas de Sil. | Arranxo de camiños en Torbeo. | 6.960,00 | 5.220,00 |
| Jesús Blanco Gómez. Ribas de Sil. | Acondicionamento arqueta de captación e depósito de auga en Vilariño. | 3.839,60 | 2.879,60 |
| Monte veciñal man común “Os Vales”. Ribas de Sil. | Acceso a manancial en Figueirido. | 10.667,67 | 8.000,00 |
| Asociación medioambiental “Alecrín”. Ribeira de Piquín. | Arranxo e acondicionamento de muro de contención na praza de Soutelo. | 28.000,00 | 12.000,00 |
| Antonio José Rua Saavedra. Riotorto. | Reparación cuberta da igrexa de San Pedro. | 14.849,69 | 11.137,27 |
| Antonio José Rua Saavedra. Riotorto. | Acondicionamento acceso cemiterio parroquial de As Rodrigas. | 15.000,00 | 11.250,00 |
| José Antonio Uz Cortón. Riotorto. | Captación manancial e construción de fonte en Santa Marta. | 6.000,00 | 4.500,00 |
| Dionisio Linares Lejo. Riotorto. | Rehabilitación escola pública da parroquia de Orrea. | 6.000,00 | 4.500,00 |
| José María Guillermo García Rego. Riotorto. | Acondicionamento acceso a cemiterio de Ferreiravella. | 3.538,00 | 2.653,00 |
| Monte veciñal man común de Gundrid. Samos. | Mellora do camiño de acceso o pobo de Gundrid. | 15.800,00 | 11.850,00 |
| Monte veciñal man común de Viladocastro. Samos. | Mellora de camiños. | 15.000,00 | 11.250,00 |
| Asociación veciños de Extraxiz. Samos. | Reparación casa escola (sede de asociación). | 23.061,38 | 12.000,00 |
| Monte veciñal man común de Ortoa. Sarria. | Edificio xestión forestal-agrícola-local social. | 20.000,00 | 12.000,00 |
| Jesús Benigno López Sangil. Sarria. | Arranxo escola de Santa María de Vilar. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciños da parroquia de San Martiño. Sarria. | Rehabilitación antiga escola. | 12.000,00 | 8.314,71 |
| Luís Albín López. Sarria. | Arranxo da escola pública de Biville. | 20.382,82 | 12.000,00 |
| Asociación veciños de Marrube. O Saviñao. | Construción local social. | 16.757,00 | 12.000,00 |
| Abel López Cadahía. O Saviñao. | Formigonado e arranxo vial en Lamas. | 8.013,00 | 6.009,75 |
| AA.VV. de Rosende. O Saviñao. | Acondicionamento espazo aparcamento xunto a igrexa. | 5.733,00 | 4.299,75 |
| Amando García Vázquez. O Saviñao. | Adquisición e rehabilitación local para usos sociais en Piñeiro. | 6.500,00 | 4.875,00 |
| Asociación veciños Santiago de Gundivos. Sober. | Acondicionamento fonte pública. | 2.800,00 | 2.100,00 |
| Javier Rodríguez Eireos. Sober. | Arranxo de fonte en Matama. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Javier Rodríguez Eireos. Sober. | Arranxo de fonte en Ferroños. | 4.000,00 | 3.000,00 |
| Javier Rodríguez Eireos. Sober. | Arranxo de fonte en Naz. | 1.600,00 | 1.200,00 |
| Asociación veciños de San Pedro de Canabal. Sober. | Arranxo do local social. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Agrupación micoloxica “Pingadouro”. Sober. | Recuperación e sinalización do peto animas. | 2.750,00 | 2.065,50 |
| José Antonio López Alvelo. Taboada. | Pavimentación acceso a ribeiras de Barxelas. | 17.000,00 | 12.000,00 |
| Julio Rigueira López. Taboada. | Pavimentación accesos a ribeiras de Abeledo. | 17.000,00 | 12.000,00 |
| José Manuel Mariño Mourenza. Taboada. | Acondicionamento tramo camiño Sobrecedo de Arriba. | 12.000,00 | 9.000,00 |
| Uxfor – Covas. Taboada. | Arranxo do muíño de Covas. | 23.059,04 | 12.000,00 |
| Francisco Oliveros López. Trabada. | Acondicionamento teleclub de Valboa. | 7.000,00 | 4.900,00 |
| Alicia Yanes Maseda. Trabada. | Acondicionamento interior teleclub de Sante. | 16.500,00 | 12.000,00 |
| Francisco Oliveros López. Trabada. | Arranxo das fontes das Cabanas e entorno igrexa. | 4.000,00 | 2.800,00 |
| Monte veciñal man común de Toldaos. Triacastela. | Accesos a Toldaos. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Montes man común de Queixadoiro. Triacastela. | Formigonado camiño. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Elisa Cela Armesto. Triacastela. | Apertura e formigonado de camiño. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| José María Vidal Reigosa. O Valadouro. | Arranxo pista Fonte da Vila – Alvariña. | 10.562,00 | 7.900,00 |
| Manuel García Paz. O Valadouro. | Alumeado público en Anido. | 8.541,37 | 6.400,00 |
| Monte veciñal man común “Xestaca e Grandavela”. O Valadouro. | Instalación de depósitos de auga en Curro. | 3.033,40 | 2.250,00 |
| Veciñal “Penas de San Xoan de Alaxe”. O Valadouro. | Arranxo sancristía da igrexa de San Xoan. | 2.737,60 | 2.040,00 |
| Josefa Pardeiro Mosquera. O Valadouro. | Alumeado público en Bermún. | 7.948,33 | 5.950,00 |
| Asociación veciños de “Santa Cruz do Valadouro”. O Valadouro. | Acondicionamento centro social e o seu entorno. | 7.099,20 | 5.324,40 |
| María Gema Rodríguez Maseda. O Valadouro. | Pista de acceso e colocación barandilla en Amarela. | 3.287,00 | 2.460,00 |
| Pedro Souto Fernández. O Valadouro. | Acondicionamento camiño veciñal e accesos en Sara de Abaixo. | 2.733,00 | 2.020,00 |
| Rosendo Rivas Lobeiras. Vilalba. | Instalación punto de luz en Santalla. | 1.796,14 | 1.347,11 |
| José Manuel Leal Carreira. Vilalba. | Mellora camiño rural en Carreteira. | 2.380,61 | 1.785,46 |
| Xunta parroquial de “San Martiño de Distriz”. Vilalba. | Pintado do interior da igrexa. | 3.351,24 | 2.500,00 |
| Asociación “Fonte do Castro de San Xiao de Mourence”. Vilalba. | Acondicionamento casa escola de Mourence. | 4.098,23 | 3.073,67 |
| Asociación cultural de mulleres rurais “Fontemarín”. Vilalba. | Mellora de accesos na Pinguela. | 2.244,46 | 1.683,34 |
| Asociación veciñal de mulleres rurais “Santo Anxo”. Vilalba. | Arranxo escola de Penarredonda. | 11.791,76 | 8.843,82 |
| Asociación cultural “Amigos da liga Santaballesa”. Vilalba. | Rehabilitación escola habanera en Feiranova. | 11.999,36 | 8.999,52 |
| Benigna Oliva Varela Blanco. Vilalba. | Mellora camiño rural en Riazo. | 3.941,54 | 2.956,16 |
| Jesús Castao Pérez. Vilalba. | Mellora camiño rural en Pude. | 3.108,34 | 2.331,26 |
| Francisco Díaz Rouco.Vilalba. | Mellora acceso a Lamela. | 10.920,34 | 8.190,25 |
| Asociación veciñal “Insua Zoqueira”. Vilalba. | Acondicionamento campo da festa de Insua. | 2.517,00 | 1.887,75 |
| Juan Antonio Debasa Maseda. Vilalba. | Arranxo escola de Couto. | 10.235,81 | 7.676,86 |
| Convento de “Nosa Señora da Concepción”. Viveiro. | Reparación de entramaos e actualización espazos. | 17.500,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciños de “Pedregal Xuntanza”. Viveiro. | Reparación no cemiterio parroquial de Covas. | 15.917,21 | 11.000,00 |
| Asociación “Fontes Claras de San Pedro de Viveiro”. Viveiro. | Acondicionamento do entorno do centro social de San Pedro. | 16.472,00 | 10.650,00 |
| AA.VV. de Roupar. Xermade. | Equipamento do anexo o local social. | 3.479,14 | 2.600,00 |
| Asociación de veciños “Santa Eulalia de Burgas”. Xermade. | Acondicionamento casa escola. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación veciñal “El porvenir del Chao de Lousada”. Xermade. | Rehabilitación da casa escola de O Chao. | 16.000,00 | 12.000,00 |
| Asociación cultural, recreativa e deportiva “Pau da Vella”. Xove. | Acondicionamento entorno área recreativa no Ponte do Carro. | 13.000,00 | 9.750,00 |
| Asociación de festejos “Garaca”. Xove. | Mellora na cuberta da igrexa de San Miguel de Rigueira. | 12.212,41 | 3.000,00 |
| TOTAL | 2.200.000,00 |
Plan de Comunidades Veciñais
Tamén por vía de urxencia, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ó Plan de Comunidades Veciñais de 2009, a través do que a Deputación executará obras en todos os Concellos da provincia por valor de 3,7 millóns de euros, agás no do Vicedo que non presentou ningunha solicitude. O organismo provincial inviste 2,2 millóns, o que representa o 60% do total. Antonio Gato destacou que “esta é outra liña de Cooperación da Deputación coa que satisfacemos a demanda dos veciños e veciñas da provincia, xa que aínda que son obras pequenas son moi necesarias, sobre para aqueles municipios que contan con menos recursos”.
Concédense subvencións a Comunidades Veciñais de todos os Concellos da provincia, menos ó do Vicedo porque non fixo ningunha solicitude. A maior parte refírense a pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público, acondicionamento de camiños rurais, etc
Destas axudas beneficiaranse 295 entidades asociativas e a convocatoria fíxose por concurrencia competitiva. “É importante subliñar que este ano o número de colectivos interesados na iniciativa da Deputación viuse incrementado con respecto a 2008. En total houbo 599 solicitudes”.
Precisamente, hoxe tamén se aprobaron 20 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais de 2006 (3), 2007 (9) e 2008 (8). Suman un total de 169.302 euros dos que a Deputación achega 114.916.
Obras en Concellos pequenos
Aprobáronse 5 novas axudas dentro do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes de 2009 por valor de 66.777 euros. Corresponden ós Concellos de Begonte, Mondoñedo, A Pastoriza, O Valadouro e As Nogais. “Como saben, para este Plan aprobárase un orzamento de 721.000 euros, e quedara un remanente de 66.777 euros, no que se acollen as axudas que aprobamos hoxe. Esta liña de Cooperación permite ós Concellos realizar pequenas obras que axudan a solventar problemas que son grandes para os municipios con poucos recursos, xa que máis da metade destas obras, que son decididas polos municipios, son de arranxo de camiños”, apuntou o voceiro provincial.
En total, 39 Concellos benefícianse deste Plan, agás os afectados polo canon hidroeléctrico, que reciben outros investimentos por parte da Deputación. Grazas ó á iniciativa da Deputación, posta en marcha por primeira vez en 2008 e que tanto éxito está a a acadar, os municipios contan este ano con 1,1 millóns de euros para a realización de pequenas infraestruturas. Desta candidade, a Deputación achega o 70% e os Concellos o 30 restante.
Débeda saldada con Chantada
O voceiro provincial socialista tamén deu conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da que se pon fin á controversia entre o Concello de Chantada e a Deputación polo canon enerxético. “A sentenza vén a declarar que as actuacións entre as dúas partes para o abono da débeda son absolutamente axeitadas e teñen todas as bendicións xudiciais. O convenio entre o organismo provincial e Chantada non incurre en ningún defecto e dende logo manifesta que se axusta o importe da débeda recoñecida pola institución provincial e a que a propia Sala acordou no seu día”.
Gato Soengas, lembrou que o procedemento que se seguiu con Chantada é exactamente o mesmo que o que se aplicou para liquidar a débeda que afecta ó resto dos Concellos afectados pola produción hidróeléctrica, e que non contan con sentenza favorable. “Aínda que non teñen sentenza xudicial hai que dicir con rotundidade e con satisfacción que a Deputación adiantouse e fíxoo con rigor e eficiencia. Por tanto, algunhas declaracións do PP en relación coa liquidación quedan acaladas”.
Foro económico en Sudamérica
O Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, participará nos próximos días nun foro económico de primeiro nivel en Sudamérica organizado polo Banco Ciudad de Buenos Aires e pola Asociación de Xóvenes Empresarios deste mesma cidade arxentina. A súa participación fixo que o Gómez Besteiro cursase a súa petición de adiantar a súa comparecencia no Parlamento de Galicia porque non quería faltar á esta cita anual. Finalmente, comparecerá na Cámara Galega o vindeiro luns, ás 12:30 horas, para explicar as principais liñas dos Presupostos de 2010. O titular provincial será o primeiro que participe e o resto das Deputacións farano nos vindeiros días nunha única convocatoria.
O titular provincial , que irá acompañado do Deputado Melchor Roel e dun técnico, chegará a Sudamérica o día 4 e voltará o 12 de novembro. A intervención de Gómez Besteiro versará sobre a política mediambiental da Deputación coas que o organismo provincial desmostrou que o medio ambiente pode ser unha oportunidade económica. Xunto co titular provincial, no encontro participarán o Presidente do Banco Ciudad de Buenos Aires, ademais de varios expertos en economía.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



