LUGO .-
O sector da enerxía será o tema a debatir na última mesa sectorial que se celebrará o vindeiro 27 de outubro nas instalacións do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) dentro do Plan Estratéxico que a Deputación de Lugo, xunto con Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, están a realizar co obxectivo de afrontar de forma global a provincia.
Deste xeito, xa serán 21 as mesas celebradas nas que se abordaron todos os campos, dende a pesca, a agricultura e ata a sanidade ou o transporte. Logo da celebración de todas as mesas, procederase a redacción do documento que determinará os aspectos a ter en conta de cara ás políticas a seguir no futuro.
O Plan Estratéxico que ideou a Deputación é unha iniciativa pioneira xa que ningunha outra institución provincial fixera antes un estudo de Lugo desta magnitude.
A industria e a construción a debate
Expertos socioeconómicos xuntáronse este mércores no INLUDES para tratar os sectores da industria e da construcción. Na primeira mesa sectorial, que tivo lugar ás 12:00 horas, os especialistas salientaron que o 40 por cento da actividade industrial da provincia concéntrase na cidade de Lugo fronte a un 30 por cento que o fai na Mariña.
Por otra banda, xa pola tarde, ás 17:00 horas durante a mesa sectorial de construción, os expertos socioeconómicos subliñaron que, no que vai de ano, o visado de obra nova descendeu un 69 por cento, e que o prezo dos pisos baixou nun 10 por cento con respecto ao 2008. Ademais, concluiron que as vivendas secundarias da provincia concéntranse na Mariña, onde o 19 por cento están vacias e o 75 por cento destas en bo estado.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



