BARREIROS (FNC) .-
Preto de 4.000 persoas visitaron durante tres meses Eido Dourado en Barreiros. Unha cifra que lle merece unha valoración “tremendamente positiva” ao autor deste espazo para a arte, Celso Dourado. O artista barreirense asegura que acudiron a ver esta exposición permanente “xentes procedentes de Grecia, Alemaña, Holanda, Italia, País Vasco, Cataluña, Madrid ou Galicia. Tanto coma as visitas foi moi importante a positividade da xente, é dicir amosábanse sorprendidos por atopar a carón da praia un espazo museístico aberto ao público en xeral. Non houbo un día no que non entraran visitantes e como inicio dunha andaina é moi halagador”.
Celso Dourado, coma autor e promotor deste espazo, sinala que Eido Dourado “é o remate dun inmeso traballo que levei acariciando durante moitísimos anos. O resultado e a proxección foron realmente espectaculares”.
Eido Dourado, que pechou as súas portas o pasado 27 de setembro, será obxecto nas vindeiras semanas de diversas obras de reforma “para documentar todo o espazo axardinado e a partires de aí imos poñer en marcha outro proxecto no que levo bastante tempo que é coa auga para que produza son e movimento. Ao mesmo tempo quero crear novas obras e preparar unha nova exposición de cara á vindeira tempada, coa intención de que o público vexa algo diferente”. Celso Dourado ultima ademáis unhas unidades didácticas destiñadas aos nenos “para achegarlles a arte nunha linguaxe asequible para eles. Temos xa varias peticións de colexios para visitar Eido Dourado, algo que ocorrerá aló polo mes de maio que é tamén cando os centros fan máis saídas”.
O artista de Barreiros tamén estuda estes días as ofertas recibidas ao longo dos últimos meses para expoñer a súa obra noutros puntos de Galicia.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



