LUGO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou este venres no acto de entrega dos premios do I Certame Ilustración: A Emigración que organiza a Fundación Comarcal Mariña Central co obxecto de promover esta modalidade artística. Con todo, esta primeira edición nace coas arelas de homenaxear á centenaria Sociedade da Ilustración e Recreo Fillos Val do Ouro moi vinculada coa comarca do Valadouro. O nacionalista participou na entrega dos diplomas que acreditan a Sabela Peinado Casal (Sada, A Coruña), Eduardo Pérez Baamonde (Cambados, Pontevedra) e a Noel Pérez Fungueiriño (Rianxo, A Coruña) como os gañadores deste concurso. Os tres galardoados recibiron un cheque por valor de 1.200, 600 e 300 euros respectivamente. A maiores, a obra da artista que acadou o primeiro premio, “Emigración en serie”, publicarase na revista Búsola.
Antonio Veiga amosouse moi interesado no discorrer deste primeiro certame de ilustración que tenta promover a aprendizaxe e expansión desta modalidade artística por todo o país. Nesta ocasión, o tema elixido foi a emigración e as sociedades filantrópicas creadas polo galegos en ultramar. Viñetas humorísticas, recreacións orixinais de carteis reais ou ficticios, imaxes de actividades culturais ou de recreo feitas polos emigrantes nos países de acollida ou postais foron os formatos elixidos por un bo número dos participantes desta primeira edición. A directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, os escultores Daniel Río “Caxegueiro” e Juan Puchades Quilis e a profesora do IES Alfoz-O Valadouro, Paz Quiroga foron os encargados de decidir os nomes dos galardoados. Esta iniciativa cultural contou co apoio dos Concellos de Alfoz e do Valadouro xunto co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



