RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, remitiu outro escrito á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia solicitando a celebración dunha xuntanza para ter información de primeira man do proceso de anulación do terceiro acceso á variante, así como dos prazos polos que se verán afectados os veciños expropiados.
O rexedor asegura que “a xente achégase ao Concello moi preocupada a preguntar que é o que teñen que facer, dado que é unha situación insólita para todo o mundo que sepa un pouco de dereito, que sepa un pouco do que son as actuacións normais dunha administración do Estado”. Suárez Barcia conta que “xa un pouco atendendo ás preocupacións que teñen os veciños afectados que foron expropiados no seu momento, e considerando que o Estado lles da un trámite de audiencia duns quince días, nós entendemos que é cativo ese prazo e así o facemos constar no novo escrito dirixido á Demarcación de Estradas á que lle pedimos que suspenda cautelarmente este prazo e en todo caso que se dea un máis amplo”.
Situación insólita
Fernando Suárez quere que “a Demarcación de Estradas do Estado e os seus responsables, ou aquí en Ribadeo ou na Coruña con presenza de asesores xurídicos tanto por parte deles como por parte nosa, manteñamos unha xuntanza para poder coñecer en profundidade cal é procedemento que se vai seguir e polo tanto despois que os afectados poidan estar debidamente asesorados e adoptar as decisión que consideren procedentes. Si esto se chega a levar adiante supoño que uns quererán que se lles devolvan os terreos previo ingreso da parte económica que recibiron anteriormente, e haberá outros veciños, como son algúns casos dos que coñezo, que non queren devolver ese diñero posto que eles foron coactivamente expropiados e estiman, e eu creo que teñen razón, que non teñen ningún dereito a que os obriguen a repoñer o diñeiro que lles foi ingresado”.
O alcalde engade que “o que lle pido é que á maior brevidade posible se celebra esta xuntanza para ter de primeira man datos sobre o procedemento, sobre os prazos, e condicións no seu caso, para o exercizo desta reversión previa desafección dos bens referidos e que se suspenda o procedemento iniciado”. Fernando Suárez insiste en que “estamos diante dunha situación insólita, por máis que falamos nas últimas horas con técnicos e con xurídicos, a verdade é que a xente non da crédito a esta situación de cómo unha obra, si lle faltaba algún permiso, se puido licitar, adxudicar e como se puido chegar a declarar unha urxente ocupación dos terreos, a pagar os terreos expropiados e que logo de boas a primeiras se queira rescindir todo o proceso”.
Fernando Suárez suliña que “no primeiro escrito que lle enviamos onte á Demarcación de Estradas de Galicia facemos referencia a que ese diñeiro que estaba preparado para investir nesta obra se quede en Ribadeo, que se busquen alternativas para seguir dando un acceso central á circunvalación sobre todo para os tráficos pesados das parroquias do interior, e no que ten que ver cos afectados que desde o Concello poidamos ter información suficiente, verídica e seria para que os veciños adopten as decisións que consideren oportunas”.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



