SANTIAGO .- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, adicará preto de 9 millóns de euros á limpeza e mantemento dos portos autonómicos durante o período 2010-2012, segundo se publica hoxe a licitación no Diario Oficial de Galicia. Portos de Galicia mantén deste xeito un dos compromisos fundamentais co medio ambiente, o seu coidado e a súa protección, cumprindo as mais esixentes normas medioambientais, é dicir, portos mais sostibles.
Por zonas adicaranse 2.358.778 euros nos portos pertencentes á franxa litoral da provincia de Lugo (Zona Norte) e ata o porto de Cedeira, 3.880.655 euros aos da provincia de A Coruña (Zona Centro) e, 2.692.533 euros aos portos pertencentes á costa da provincia de Pontevedra (Zona Sur).
Os portos de Galicia verán melloradas as súas instalacións con este novo servizo de limpeza que incorporará un aumento dos elementos materiais e humanos que redundarán nunha mellor e mais axeitada limpeza, estética e hixiene en todos os portos de Galicia. Tamén será incrementado o control das recollidas, instalación de contenedores especiais metálicos e un servizo denominado “limpezas especiais” consistente na limpeza das zonas portuarias onde se celebren actos culturais ou deportivos autorizados por Portos de Galicia, especialmente durante a época estival.
Os servizos que se efectuarán nos portos comprenden as actividades de limpeza xeral dos portos e instalacións portuarias de Galicia, a recollida de residuos sólidos, industriais e doutra índole que se poidan producir e o seu transporte a vertedoiros fora das zonas portuarias ou a plantas de tratamento deste tipo de residuos que se atopen ámbolos dous casos dentro da legalidade vixente en materia medioambiental.
Así mesmo, levarase a cabo unha desratización xeral das instalacións portuarias e edificios, limpeza de sumidoiros, arquetas de rexistro, e se fará a limpeza das oficinas, dependencias e instalacións portuarias, que inclúe ademais todo tipo de edificacións, como son, os Puntos de Inspección Fronteiriza (PIF) e dos denominados PBIP, ademais das casetas de estiba pertencentes a Portos de Galicia, quedando excluídos neste ámbito os edificios construídos ou explotados polos usuarios en réxime de concesión administrativa ou autorización temporal.
Os residuos sólidos constitúen os procedentes da limpeza xeral dos portos, os existentes nos bidóns dos portos, os de edificios, tinglados e almacéns, así como os restos de embalaxes, caixas, residuos industriais, lixo e os procedentes de buques que non estean establecidos no MARPOL.
Esta limpeza inclúe tamén os restos que se atopen flotando en augas dos portos procedentes da limpeza de escolleras ademais da recollida e retirada de artes de pesca, pertrechos, restos de materiais de obra ou calquera outros elementos ou material que se atope abandonado nas zonas portuarias. A recollida farase en contenedores instalados por Portos de Galicia debidamente sinalizados e adaptados ós diferentes tipos de residuos.
Finalmente, a limpeza das instalacións portuarias efectuarase mediante un varrido manual e mecánico, con maquinaria axeitada e realizaranse tamén baldeos de auga doce mediante camión cisterna en todas as instalacións portuarias.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



