CERVO .- Voluntarios da Plataforma Queremos Galego de Cervo aproveitaron a celebración do mercado de San Cibrao para dar a coñecer o seu proxecto e convidar a participar na manifestación que en defensa do galego se celebrará en Compostela o 18 de outubro.
Nota de Prensa
“Queremos Galego” reparte propaganda no mercado de San Cibrao para animar a participar na mobilización do 18 en Compostela
Voluntarios da sección cervense da “Plataforma Queremos Galego” aproveitaron a celebración do mercado de San Cibrao para repartir propaganda da manifestación que en defensa do galego se celebrará en Compostela o 18 de Outubro.
Os membros da “Plataforma Queremos Galego” animaron os asistentes ao mercado de San Cibrao a participar da mobilización do 18 de Novembro e lembraron que haberá un autobús gratuíto que sairá de San Cibrao domingo 18 ás 8.30 diante da Casa do Mar de San Cibrao. Desde a Plataforma “Queremos Galego” lembraron que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación poden anotarse chamando ao Tlf:982140654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres ou ao 678788150
Os membros de Queremos Galego fixeron fincapé “na difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados ate o momento, únese un elemento non menos grave como son as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta desde os primeiros días da lexislatura con propostas que fan retroceder a protección do noso idioma a momentos pre-autonómicos.”
Desde Queremos Galego chamouse “a traballar activamente na defensa do noso idioma, como elemento central da nosa existencia colectiva”, “un activismo que contraste co desleixo do actual goberno galego que conculca coa súa actitude elementos esenciais do noso estatuto de autonomía”. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.
Por último os colectivos que conforman a Plataforma “Queremos Galego” en Cervo insistiron na importancia da mobilización do día 18 de outubro e animaron ao conxunto de entidades sociais e persoas a título particular de Cervo a adherise á mesma a través do correo electrónico queremosgalego@queremosgalego.org. ou da web www.queremosgalego.org




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



