Nota de Prensa
A actitude dos representantes do PP na Mariña, lastra os plans de mellora e superación da Comarca
Para o PsdeG-PSOE a extratexia do PP é moi clara: mentres os mariñans usan as súas forzas en conservar os servizos que xa tiñan, non van a demandar outros
Como representantes da Executiva provincial na Mariña, queremos amosar o noso asombro e preocupación polos acontecementos que se están a desenvolver na nosa comarca en relación coa perda de servizos e o atraso das infraestructuras xa comprometidas.
Despois de asistir durante os últimos anos as continuas reivindicacións por parte do PP en relación cos servizos da comarca da Mariña, parece que cando ao partido de Feijóo tócalle gobernar as cousas cambian, e moito.
Prazos do corredor
O prazo do 2017 que baraxa o actual executivo é literalmente unha tomadura de pelo e un insulto á intelixencia dos mariñáns. Todos recordamos como o PP da Mariña promoveu unha manifestación en O Vicedo para que se destinaran os fondos necesarios para que o corredor estivera listo no 2011. Daquela, era posible reivindicar a súa finalización a finais deste ano comprometido polo bipartito e sen embargo, agora non é posible ata o 2017.
Farjas minte sobre as inversións do Hospital
As obras previstas polo bipartito, que destinaban cerca de 700.000 € á melloras na área de xinecolxia e outras obras de mellora no Hospital, foron criticadas tamén polo PP, que unha vez chegou ao Goberno dixo mellorarla cun incremento de 300.000 €. A día de hoxe, as obras non comenzaron, aínda que o Xerente do Hospital e a Conselleira confirmaron que estarían listas no mes de outubro.
Servizo de autopsias
A día de hoxe, as familias que perden a un ser querido en accidente teñen que padecer a espera do forense e os conseguintes traslados, que incrementan o sufrimento dos familiares, cando isto era algo inconcebible fai menos de dous anos para o PP. Agora resolve a situación dicindo que “non hai” forense salvo que se trate de naufraxios o sucesos moi graves. Non sabemos o que significa para o PP “moi grave” o que si entendemos e que os sentimentos ante a perda dun familiar son os mesmos, trátese dun armador, un mariñeiro, un patrón ou un obreiro, e polo tanto ante a morte dun ser querido, non vale establecer prioridades.
A estratexia do PP neste sentido parece moi clara: manter aos veciños da Mariña ocupados en conservar e impedir a perda de servizos que xa teñen e impedir a demanda doutros novos o que na práctica significa a parálise e o inmovilismo da Comarca. Os representantes do PsdeG-PSOE na Mariña non imos permanecer de brazos cruzados ante estes ataques do PP.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



