SANTIAGO .- Van xa 7 anos dende o accidente do Prestige diante das nosas costas. A día de hoxe, que mudou da situación dende aquela? Non hai fuel á vista, mais fican toneladas soterradas baixo a area a o Prestige segue vertendo. A UE desprazou un buque anticontaminación a Vigo, mais seguimos sen portos refuxio e centros loxísticos. Aprobáronse planos de continxencia, mais a equipa técnica de coordenación da loita contra a contaminación acaba de ser desmantelada. Recuperáronse algunhas especies comerciais, mais non se promoven estudos sobre os impactos do fuel a longo prazo nos ecosistemas mariños. Abriuse un xuizo que ameaza on eternizarse mentres a fiscalía do estado tenta exonerar ao único político procesado. Semella, en definitiva, que só a cidadanía e os ecoloxistas lembramos o que aconteceu hai 7 anos.
on respecto aos efectos do chapapote, a forte dinámica litoral e a alta capacidade de recuperación dos ecosistemas costeiros fixeron que en poucos anos, a situación millorara considerablemente. No entanto, aínda fican en determinadas áreas do litoral restos de fuel, e, como sinalou recentemente unha investigadora da Universidade de Vigo, grandes cantidades soterradas baixo a area que seguen contaminando. No referido aos efectos tóxicos, estes seguen manifestándose maiormente nos humidais costeiros e os fondos mariños de augas someras, ecosistemas altamente sensíbeis. As medidas de recuperación puntuais tomadas durante a catástrofe contrastan vivamente coa prática ausencia de estudos a medio e longo prazo sobre os efectos do fuel nos ecosistemas mariños. E mentres, o Prestige segue vertendo, e a corrosión ameza con deitar no mar todo o fuel que fica aínda nas adegas.
7 anos despois, das 80.000 Tm de refugallos acumulados nas instalacións de Sogarisa nas Somozas, fican aínda por tratar unhas 10.000. A Xunta e o estado rifan por quen debe afrontar os custos do tratamento, mentres as improvisadas balsas de almacenamento seguen abertas. Sobre as medidas loxísticas, a principio deste ano anunciouse que ía chegar a Vigo, a base para o atlántico do buque anticontaminación da UE. Descoñecemos se se efectuou este traslado, mais de que vale se o ministerio acaba de desmantelar o centro de prevención e loita contra a contaminación mariña que tiña a súa sé na Coruña?
O anterior governo galego aprobou uns planos de continxencias, mais seguimos sen saber onde están os portos refuxio, as bases loxísticas e cais son os protocolos de evacuación e sanitarios para o caso de producirse outra marea negra ou calquera emerxencia sanitaria na costa. O acontecido co Ostedijk hai dous anos volveu a amosar, outra volta, a descoordenación e falta de rápida resposta das administracións, factores chave na catástrofe do Prestige.
O proceso xudicial semella tamén eternizarse, diluindo as responsabilidades cando non tentando desvialas: o intento da fiscalía e da xuíza de Corcubión de exonerar a López Sors, único responsábel político imputado, deixa ben claro as intencións do estado: descarregar as responsabilidades sobre o capitán e os propietarios do barco, coma se as decisións tomdas polos políticos non foran determinantes para converter un grave accidente nunha das meirandes catástrofes ambientais acontecidas en Europa.
Todo isto, fainos pensar que a 7 anos da catástrofe, o esquecemento informativo e a desidia governamental teñen enferruxado a maquinaria administrativa, parecendo que a mensaxe é que outra catástrofe similar non vai acontecer. A estatística é moi teimuda e máis cedo que tarde teremos ocasión de comprobar en rigoroso directo en que quedaron as medidas e os compromisos de cada quen.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



