NOTA DE PRENSA
CARGOS ORGÁNICOS E INSTITUCIONAIS DO BNG DA MARIÑA E FERROLTERRA CONCENTRARANSE NA PONTE DO BARQUEIRO PARA ESIXIR A AXILIZACIÓN DAS OBRAS DO CORREDOR DA COSTA
Veiga agarda que o PP actúe con coherencia e apoie as emendas presentadas no Parlamento Galego ao igual que fixeron na Deputación de Lugo
A Mariña, 26 de novembro de 2009. O BNG da Mariña e Ferrolterra convocou aos seus cargos orgánicos e institucionais a unha concentración que terá lugar na ponte vella do Barqueiro que une as provincias de Lugo e A Coruña o vindeiro sábado á 11.30 da mañá. Os nacionalistas reclaman a unidade das forzas políticas e sociais do norte galego para esixir ás administracións competentes o remate do vial Barreiros-Ferrol no 2014.
Os acordos institucionais son papel mollado segundo a alternancia nos gobernos dos dous partidos de ámbito estatal.
O Portavoz comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, denunciou unha vez mais os incumprimentos das administracións responsábeis da execución de esta obra dende o ano 2001 no que a Xunta de Galiza e o goberno do Estado se comprometeran a rematala no 2007, repartindo a execución da obra en dous tramos, dende Barreiros a San Cibrao de competencia estatal e o tramo seguinte até Ferrol responsabilidade da Xunta. Veiga lembrou as múltiples iniciativas aprobadas tanto no Parlamento Galego como na Comisión de Infraestruturas do Ministerio de Fomento “que sempre se converteron en papel mollado para os partidos políticos que tiveron responsabilidades de goberno alternativamente”, mesmamente a anterior Ministra de Fomento chegou a comprometerse con alcaldes da comarca a dar cumprimento a un acordo da Comisión de Infraestruturas do Ministerio que fixaba como data limite no tramo de competencia estatal en 2008”
O BNG pide unidade nas forzas sociais e políticas para rematar a VAC da costa no 2014
Veiga sinalou que xa está ben de enganar aos mariñáns ”por moitos acordos e iniciativas que se aproben a obra non vai ser posíbel mentres non haxa unidade reivindicativa das forzas políticas e sociais da comarca, nesto non caben divisións nin partidismos estériles” aproveitando para reclamar a convocatoria por parte de quen lle compete da mesa de Infraestruturas da Mariña.
O Bloque Nacionalista Galego demanda un grande acordo do conxunto das forzas sociais e políticas da Mariña a fin de garantir que esta obra se remate no horizonte de 2014 e nese sentido é preciso recobrar a unidade de acción. “É necesario que nos poñamos de acordo as forzas sociais e políticas da Mariña no seo da Mesa das Infraestruturas e que posteriormente traslademos estes acordos tanto a Cámara Galega como á do Estado” afirmou Veiga, que urxiu unha vez mais a convocatoria da Mesa das Infraestruturas. “A Mariña non pode agardar máis por este vial, e é necesario que a sociedade da Comarca e particularmente os seus representantes políticos se poñan a altura da situación”, rematou Veiga.
Os votos dos dous parlamentares populares son suficientes para evitar o esquecemento do goberno galego con esta infraestrutura.
Na mesma liña, o portavoz nacionalista, reclamou ao Partido Popular mais coherencia e menos demagoxia, advertindo que si se aproban as mocións nos plenos municipais e na Deputación, deberán facer o mesmo no debate das emendas que reclaman maior investimento para este vial nos orzamentos 2010 da Xunta de Galiza, que sufriron un recorte do 75% en relación ás previsións do anterior goberno galego, “cos votos favorábeis dos dous parlamentares populares da comarca será suficiente para adiantar o remate da obra no tramo estatal”
O BNG animou á sociedade mariñá a mobilizarse por unha infraestrutura vital para o desenvolvemento da comarca mariñá e ao mesmo tempo convidou aos alcaldes que fai un ano se manifestaban no Vicedo a facer o mesmo cando o actual Conselleiro de Infraestruturas retrasa o remate da obra en cinco anos en relación ás previsións do goberno anterior. Antonio Veiga lembrou que ao BNG non lle pode reprochar ninguén a súa actitude combativa con este vial, “ levamos moitos anos tocando o mesmo compás e vendo como outros cambiaban o ritmo en función de como lles foran as cousas en Madrid ou en Santiago”




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



