NOTA DE PRENSA
O Portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Alfoz, Iván Marrube, voltou a reiterar a súa denuncia sobre a falla de compromiso do Partido Popular en relación co Parque Empresarial do Valadouro Alfoz na medida en que os populares non só retiraron esta actuación dos Orzamentos da Xunta de Galiza de 2010 senón que mesmamente se negan a rectificar a fin de facer posíbel a execución das obras. “O PP na era Fraga negouse a dar pasos para que esta actuación se convertese nunha realidade, unha vez que a acción de Goberno na Xunta de Galiza do BNG puxo en marcha o Polígono parecíalle que ía demasiado lento, e agora que volven a Gobernar eles o primeiro que fan é paraliza-lo e manda-lo ao baúl dos recordos” afirmou Marrube.
O Portavoz Municipal do BNG en Alfoz advertiu que non hai ningún tipo de razón de orde técnico ou legal que impida a execución do polígono, tal como quixeron facer crer algúns, de feito a súa execución xa se plantexaba por fases atendendo a diferente situación respecto do planeamento no Concello de Alfoz e de Ferreira. “A propia Lei de Medidas Urxentes, aprobada polo bipartito, permitía a modificación de usos, mesmamente do rústico común, sempre que o seu fin fose industrial ou para vivenda protexida polo que a ausencia de planeamento en Alfoz non é máis que unha escusa” recalcou Marrube que lamentou que o Grupo do PP neste Concello antepuxo os intereses do Concello e dos seus veciños aos do seu partido en Compostela.
Iván Marrube afirmou que “os nacionalistas consideramos que o PP ao paralizar o Polígono do Valadouro e de Alfoz o que está e cortar as posibilidades de desenvolvemento económico do Concello, impedindo que este opere como un imán de empresas, posto que o prezo do solo era dos máis competitivos da Comarca, ao mesmo tempo que pon en risco o mantemento no Concello doutros proxectos empresariais.” Na mesma liña o nacionalista preguntouse por que lle toca ao Valadouro ser o pagano dos recortes que fai Xestur, recalcando que “nun momento de crise económica non se pode estar a xogar coas cousas de comer, porque a maiores das posibilidades de futuro que se perden, tamén se perden posibilidades de presente na medida que esta obra significaba un investimento de case 4 millóns de euros para este ano e que a súa execución ía crear movemento económico no Concello, tanto en empregos directos como en actuacións asociadas”
Marrube anunciou que os nacionalistas imos a exercer toda a presión social e política posíbel de cara a que o Goberno Galego respecte o cronograma fixado nos orzamentos da Consellaría de Vivenda do 2008 e neste sentido imos solicitar a través dunha proposición non de lei no Parlamento de Galiza esta cuestión. Na mesma liña o Grupo Parlamentario do BNG vai presentar unha emenda aos Orzamentos da Xunta a fin de que o investimento se garanta. “Non é de recibo que o noso Concello deixe de existir nos Orzamentos da Xunta e máis cando estamos a falar dunha obra desta entidade. Parece que Alfoz non é un Concello amigo para a Xunta de Galiza e non estaría de máis que se nos explicase por parte do PP a que outro Concello se pretende beneficiar impedindo que Ferreira e Alfoz non conte co seu parque empresarial” recalcou Marrube.
Xa por último o Portavoz Nacionalista afirmou que “aínda estamos a tempo de mudar o futuro que o PP ten trazado para o Parque Empresarial do Valadouro – Alfoz, isto é, unha posición clara do Concello é un voto, o do Parlamentario do PP pola Mariña que en campaña electoral comprometera axilizar a execución do Polígono.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



