CERVO .- O Concello de Cervo distribuirá un total de 2.500 bolsas biodegradables e reutilizables entre os veciños segundo inicou a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada. O obxectivo desta iniciativa é reducir o uso das bolsas de plástico ou de outro material desechable xerador de residuos e impulsar o uso de medios “máis sostibles” que minimicen “na medida do posible o impacto da actividade humana no medio ambiente”.
Nota de Prensa
O CONCELLO REPARTIRÁ BOLSAS REUTILIZABLES ENTRE OS VECIÑOS DE CERVO
Cervo, 24 de novembro de 2009.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, anunciou hoxe que o Concello distribuirá un total de 2.500 bolsas biodegradables e reutilizables entre os veciños dos distintos núcleos de poboación do termo municipal.
Segundo indicou a responsable da área medioambiental de Cervo, o obxectivo desta iniciativa é reducir o uso das bolsas de plástico ou de outro material desechable xerador de residuos e impulsar o uso de medios “máis sostibles” que minimicen “na medida do posible o impacto da actividade humana no medio ambiente”.
Pilar Armada lembrou que as bolsas de plástico convencionais -de usar e tirar- son algo común na vida diaria e que cada persoa recibe ao ano unha media de 238 destes aparellos, ademais doutros envases de plástico e advertiu que na fabricación de cada bolsa emítense uns catro gramos de CO2, o principal gas de efecto invernadoiro e responsable do cambio climático.
Este tipo de bolsas tarda ao redor de cen anos en descompoñerse e tan só o 10% acaba nos contedores amarelos para a súa reciclaxe. O resto termina nos vertedoiros, nas incineradoras de residuos ou, no peor dos casos, no mar. Alí convértense en trampa e pasto para a fauna mariña, aves e tartarugas. Tamén cabe salientar que o 20% do lixo recollido nas praias son bolsas de plástico
“É por isto que desde Medio Ambiente do Concello de Cervo queremos concienciar á xente de que co uso destas bolsas reutilizables, carriños de compra e similares, cada persoa pode aforrar ao longo da súa vida máis de 18.000 bolsas nocivas para o medio ambiente”
As bolsas ecolóxicas empezaranse a repartir a partir do vindeiro 21 de decembro por tódolos domicilios do municipio xunto co almanaque 2010 que cada ano edita o Concello. Esta iniciativa conta coa axuda da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



