LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves dúas novas liñas de actuación incluídas no programa europeo Lug02 destinadas a mellorar a comercialización e a calidade dos produtos autóctonos das Reservas da Biosfera –Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón e Ancares- e da comarca do Courel, a través da I+D+I.
Nota de Prensa
Gómez Besteiro adianta a creación dun portal web para a compra de produtos autóctonos on-line
– Os produtores poderán xestionar os seus produtos, chegando con facilidade ós seus clientes, evitando intermediarios na cadea de distribución e, polo tanto, mellorando e aumentando as posiblidades do seu negocio
– A Xunta de Goberno de mañá aprobará dúas liñas de actuación destinadas a mellorar a comercialización e a calidade dos produtos das Reservas e do Courel a través da I+D+I
– A iniciativa inclúese dentro do programa europeo Lug02, que conta con 5 millóns de euros, dos que xa se están executando 3.400.000, é dicir o 70% do total do proxecto
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves dúas novas liñas de actuación incluídas no programa europeo Lug02 destinadas a mellorar a comercialización e a calidade dos produtos autóctonos das Reservas da Biosfera –Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón e Ancares- e da comarca do Courel, a través da I+D+I. Gómez Besteiro destacou que “innovamos e creamos unha ferramenta que pretende ser un espazo común no que figurarán grande cantidade e variedade de produtos autóctonos baixo a marca de Lugo Sabe. Eu diría máis, ademais do I+D+I, van dirixidas a dúas letras fundamentais: a P e V. É dicir, producir e vender, que é realmente onde está esa ganancia. En definitiva, o que buscamos é revalorizar o produto agroalimentario a tráves dun programa integrado e favorecer que as empresas sexan máis competitivas”.
A primeira das iniciativas contempla a creación dunha canle de comercialización a través dun portal web no que se exporán os produtos das Reservas e do Courel. Esta vía comercializadora será on-line, é dicir, crearase a través da páxina web de Lug02. O titular provincial subliñou que “tamén será un espazo onde as cooperativas de agricultura ecolóxica recibirán asesoramento e poderán intercambiar experiencias sobre a comercialización dos seus produtos”.
Os produtores poderán xestionar os seus alimentos para posteriormente poñelos á venda nun tenda on-line, creándose así unha central de comercialización que permitirá ós produtores chegar con facilidade ós seus clientes, evitando intermediarios na cadea de distribución e, polo tanto, mellorando e aumentando as posiblidades do seu negocio. Ó mesmo tempo daráse a coñecer os produtos autóctonos das Reservas entre os produtores e empresarios galegos e nacionais.
Mellora da calidade
O segundo prego que se aprobará está destinado a mellorar a calidade dalgún produto alimentario. Esta mellora vai dende a hixiene, o empaquetamento, sistema de envasado conservación, elaboración e propiedades na cadea de produción, de tal xeito, que tamén se contribúe a súa comercialización e a súa difusión.
As dúas iniciativas súmanse a outras que xa puxo en marcha o organismo provincial dentro do programa medioambiental. É o caso do Sistema de Información Xeográfica (SIX), da medida destinada a axudar ós gandeiros á rentabilizar os residuos das súas explotacións ou da creación de Aulas da Natureza. Gómez Besteiro destacou que “o programa, dotado con 5 millóns de euros, está destinado a poñer en valor a riqueza medioambiental da provincia e a converter o medio ambiente nunha oportunidade económica. Nestes momentos, estamos executando 3.400.000 euros, é dicir, o 70% do total do proxecto. Rematarémolo a mediados do ano que vén, pero levamos unha liña de traballo moi intensa e moi positiva”.
O titular provincial explicou que no primeiro trimestre de 2010 coñeceranse os resultados destas dúas liñas de actuacións.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



