NOTA DE PRENSA:
REGO ADVIRTE QUE OS CIDADÁNS DA MARIÑA NON PERMITIRAN A DESCAPITALIZACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA, COA REDUCIÓN DE NINGÚN DOS SERVICIOS E RECURSOS HUMANOS COS QUE HOXE CONTA
-O deputado socialista rexistrou unha iniciativa no Parlamento, na que reclama explicacións ao Goberno de Feijoo polo mantemento da praza de psicólogo clínico, do Hospital de Burela, que desempeña a función de prevención, tratamento e rehabilitación das enfermidades mentais dos nenos e mocidade ate os 18 anos.
– Sinala que non hai razón algunha que sustente unha posible suspensión destas prestacións e se a hai, non pode ser económica, pois unha praza de psicólogo clínico en Burela supón exclusivamente o salario dunha persoa e implica un importante aforro en tratamento farmacolóxicos, desprazamentos e complicacións de saúde por falla de asistencia.
Santiago , 11 de novembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego advertiu hoxe que os cidadáns da Mariña non permitiran a descapitalización do Hospital de Costa, coa redución de ningún servizos e recursos humanos cos que hoxe conta.
O deputado socialista rexistrou unha pregunta no Parlamento na que reclama explicacións ao Goberno de Feijoo polo mantemento da praza de psicólogo clínico, do Hospital de Burela, que desempeña a función de prevención, tratamento e rehabilitación das enfermidades mentais dos nenos e mocidade ate os 18 anos. Rego pregunta á Conselleira de Sanidade si pensa que pode existir, a día de hoxe, algunha razón obxectiva que non aconselle o mantemento deste servizo, cando menos, nas mesmas condicións que ata o de agora. E si non cree que o actual nivel de servizos de atención sanitaria cos que contan os cidadáns da Mariña de Lugo aconsella a súa mellora e ampliación e non o estancamento ou mingua destes como suporía o tema do que estamos a falar.
Ismael Rego explicou que dende hai máis dun ano, e como resultado dun gran esforzo, a Unidade de Saúde Mental de Burela conta nos eu cadro de persoal cun psicólogo clínico que desempeña a función de prevención, tratamento e rehabilitación das enfermidades mentais dos nenos e das nenas e tamén da mocidade da Mariña ata os 18 anos.
Rego sinala que este especialista ten ademais ao seu cargo a atención aos problemas sexuais e de parella, a intervención psicolóxica nos doentes da Unidade de Coidados Paliativos, así como o asesoramento aos profesionais do mencionado equipo. A pesar da acumulación de funcións, a presenza deste novo profesional supuxo un aumento na capacidade de atención da Unidade de Saúde Mental e, sobre todo, na calidade desta.
Afirma que de confirmarse distintas informacións que se veñen producindo no entorno deste servizo, nas que se considera altamente probable que a Consellería de Sanidade proceda á extinción desta praza a partires do próximo mes de xaneiro de 2010. En tal extremo, atopariámonos coa desaparición da atención á Saúde Mental Infanto-Xuvenil na área, así como do resto das funcións que este especialista vén desenvolvendo, suponse que pasando a ser Lugo o referente asistencial a partires dese momento.
Pensar que unha poboación duns 75.000 habitantes acreditados, e cunha distancia aos dispositivos de referencia a máis de 100 km, poida recibir unha atención psicolóxica minimamente digna cun só profesional para todas as idades e todas as patoloxías, non resulta propio dun sistema sanitario que garanta a equidade e a accesibilidade aos cidadáns por igual. Neste senso, cabe recordar que A Mariña é a única área de Galicia na que o Centro de Orientación Familiar (COF), carece de psicólogo, polo que a atención a parellas e problemas sexuais debe ser acumulada á da Unidade de Saúde Mental ou derivalos a Lugo.
Non hai razón algunha que sustente unha posible suspensión destas prestacións e se a hai, non pode ser económica, pois unha praza de psicólogo clínico en Burela supón exclusivamente o salario dunha persoa e implica un importante aforro en tratamento farmacolóxicos, desprazamentos e complicacións de saúde por falla de asistencia.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



