NOTA DE PRENSA
Veiga afirma que a actual política crediticia significa a desaparición de centos de pemes e autónomos na Mariña.
Os nacionalistas instan á Xunta e ao Goberno a que
apreme á banca para que se abra a billa do crédito
O BNG presentará mocións en todos os concellos da Mariña para evitar a absorción das caixas galegas por outras foráneas.
O Bloque Nacionalista Galego considera que actual crise financeira, que ven provocando un feche na billa do crédito no último ano e medio, é unha das causas da delicada situación que están a sufrir autónomos e PEMES na Mariña e que foi asemade unha das causas centrais de que fora precisamente no réxime de autónomos onde máis empregos se perderon na Comarca desde que empezou a crise económica.
Os nacionalistas estamos convencidos de que manténdose a actual política crediticia por parte das entidades financeiras os nosos autónomos e PEMES van padecer un ano 2010 insoportábel, na medida que sen financiamento non van contar con instrumentos para poder sortear o escenario económico que estamos a padecer. A crise que está a sufrir o sector bancario, non pode ter como paganos a negocios e autónomos, aínda máis, cando bancos e caixas están a recibir cuantiosas cantidades de diñeiro público por parte do Goberno do Estado.
Neste sentido o Portavoz Comarcal do BNG apuntou “que o Goberno Galego ten que arbitrar mecanismos que permitan achegar financiamento ás empresas a través dos operadores públicos (IGAPE…) e obrigue ás caixas galegas a abrir a billa do crédito senón queremos ter un outono con boa parte do noso sector productivo desmantelado”. Veiga considera que é central garantir a galeguidade das caixas, algo que pasa necesariamente pola fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova, e definir unha política de crédito para as mesmas que non poden responder unicamente a dialéctica de maximizar os beneficios, senón que debe atender as necesidades do noso tecido productivo.
O Portavoz nacionalista recalcou que a” situación actual de recesión económica e de dificultades financeiras fai necesaria a intervención por parte dos poderes públicos galegos na adopción dunha estratexia por parte das caixas de aforro galegas de apoio decidido aos sectores productivos galegos, ás empresas que producen e crean valor en Galiza e, en xeral, a contribuír ao impulso da economía productiva do país. Cómpre, polo tanto, máis que nunca a coordinación da política crediticia e de investimentos das caixas de aforro galegas, orientándoas a fortalecer os lazos co tecido empresarial galego e apoiar o financiamento dos sectores económicos estratéxicos, así como a xeración de emprego”.
Na mesma liña o Responsábel Comarcal do BNG anunciou que a súa forza política vai presentar mocións no conxunto dos Concellos da Mariña instando á Xunta de Galiza a que facendo uso das competencias estatutarias, vete calquera operación que signifique a absorción das entidades galegas por outras foráneas. Igualmente os nacionalistas demandan que a nova lei de caixas, que aprobou esta semana elaborar o parlamento, fixe como obxectivo unha maior participación pública de cara a permitir re direcionar o crédito a actividade productiva.
Xa por últimos desde o BNG da Mariña esixiuse unha reforma legal pola que se reforce a función de protectorado e control público das caixas de aforro, dada a súa natureza e función social, para conectalas coa estratexia económica máis acaída aos intereses económicos xerais do país; así como se mellore a transparencia no seu funcionamento, afondando nunha maior democratización dos seus órganos directivos. Tanto é así que Veiga afirmou “as caixas galegas non son propiedade de máis ninguén que dos galegos, polo que non podemos permitir que os seus xestores actuais, responsábeis da situación na que se atopan, determinen a súa política de crédito, deixando abandonados aos nosos sectores económicos”.
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



