RIBADEO .- O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación provincial, exporá parte da súa colección de cestaría na VIII Edición do Mercado de Nadal de Ribadeo. Trátase dunha cita, que se desenvolverá deste hoxe e ata o 8 de decembro, onde se mostrarán ata 30 actividades artesanais, complementadas con música e espectáculos para todos os público.
Nota de Prensa
O CENTRAD expón pezas da súa colección de cestaría na VIII Edición do Mercado de Nadal de Ribadeo
O Centro de Artesanía e Deseño organiza novos cursos onde se elaborarán pezas con tradicionais técnicas de Asturias e Cáceres
O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación provincial, exporá parte da súa colección de cestaría na VIII Edición do Mercado de Nadal de Ribadeo. Trátase dunha cita, que se desenvolverá deste hoxe e ata o 8 de decembro, onde se mostrarán ata 30 actividades artesanais, complementadas con música e espectáculos para todos os públicos. O CENTRAD levará á mostra esta localidade da Mariña un total de 20 cestos que se elaboraron empregando distintas técnicas, e que se poderán ver na oficina de turismo de Ribadeo dende este venres e ata o mes de xaneiro.
Por outra banda, hoxe remata o curso Cestaría de Costelas que se está a impartir no Centro do Paseo do Rato dende o pasado 30 de novembro, e no que están a participar 10 persoas. Trátase dunha xornada na que se amplican técnicas especiais de fabricación extendidas en países europeos como Francia, Inglaterra ou Alemaña, e cuxa particularidade é que se comezan os cestos elaborando as asas cuns arcos de mimbre.
Novos cursos
O vindeiro sábado, o Centro do Paseo do Rato acolle a xornada Cestaría de vimbio: zarzo, cul de queixal e celta. No curso, que se prolongará ao longo desa fin de semana, realizaránse diferentes e tradicionais bandexas. Por exemplo, o zarzo que é unha peza que antigamente se empregada en Asturias para escorrer queixos.
Da mesma forma, dende o mércores 9 e ata o domingo 13, Daniel Rodríguez, o único artesán da provincia de Cáceres que se adica a cestaría fina, imparte a xornada Cestaría fina de láminas de madeira. Este profesional ensinará o proceso de preparación e elaboración para a creación de cestos de madeira debuxados. A xornada, que tamén terá lugar no Centro do Paseo do Rato do CENTRAD, terá lugar dende ás 10:00 horas e ata ás 14:00 da mañá, e pola tarde dende ás 16:00 horas ata ás 20:00 horas.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



