Nota de Prensa
Nunha interpelación sobre as unidades de xestión forestal (UXFOR) a deputada popular indicou que dos 48 expedientes iniciados ningún deles está constituído porque mesmo as solicitudes estan incompletas e non cumpren cos requisitos que están no Decreto constitutivo
EMMA ALVAREZ: “O GOBERNO BIPARTITO INCUMPRIU O DECRETO SOBRA AS UNIDADES DE XESTIÓN FORESTAL QUE EL MESMO REDACTOU”
Santiago, 10 de decembro de 2009 .- A deputada popular Emma Álvarez defendeu hoxe no pleno do Parlamento a postura do PPdeG con respecto as unidades de xestión forestal (UXFOR) indicando que o Goberno bipartito na Xunta de Galicia incumpriu o Decreto sobre estas unidades que el mesmo redactou. Así indicou que dos 48 expedientes iniciados ningún deles está constituído porque xa as solicitudes están incompletas e non cumpren os requisitos que están no Decreto constitutivo.
A deputada popular quixo tranquilizar a Plataforma para a defensa das UXFOR, que asistían a sesión plenaria e cos que se reuniu unha vez finalizada a súa intervención, pedíndolles paciencia ata que rematen os informes e as concrecións que está a facer a actual Consellería de Medio Rural, co fin de seguir traballando baixo a mesma filosofía que se esta a facer ca supresión do minifundismo forestal, apostando pola xestión conxunta dos montes. Nese sentido indicou que existe un compromiso da Dirección Xeral de Montes de que o estudio estará rematado no primeiro trimestre do próximo ano. “Estas unidades deben ser viables dende o punto de vista xurídico e deben acreditarse con claridade e vontade dos propietarios” indicou Emma Álvarez.
En canto a paralización de obras do bipartito a deputada popular indicou que “se lanzaron a realizar obras directas sobre o terreo basadas unicamente en solicitudes que en ningún caso poden considerarse como tales por non cumprir os requisitos de constitución que marca o Decreto 101/2008 de 30 de abril referido as regulacións destas unidades de xestión forestal de Galicia”. Así indicou que se puxeron en marcha obras sen un convenio que garanta os fins para os que se fan as actuacións e nin tan sequera a posta a disposición dos terreos, “esto dificilmente se pode xustificar ao tratarse de inversións públicas e terreos privados” indicou Emma Álvarez.
A deputada popular puxo de manifesto o caracter absolutamente intervencionista desta figura “inclusive coa participación dun funcionario nos órganos reitores e o sometemento a recurso do Conselleiro de Medio Rural dos actos da entidade”.
Emma Álvarez finalizou a súa intervención indicando que estamos ante unha figura que podería ser válida a través de convenios de colaboración en zonas estratéxicas do territorio cara á prevención de incendios “pero que tal e como están constituídas teñen que ser obxecto de evidentes modificacións para non seguir a traballar de costas a legalidade”.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



