VIVEIRO .- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo hoxe unha reunión coa directiva do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e interesouse polas iniciativas da nova directiva. A delegada territorial comprometeu o apoio da Xunta para o fomento do asociacionismo no sector.
Nota de Prensa
RAQUEL ARIAS INTERÉSASE POLAS INICIATIVAS QUE PROMOVE A NOVA DIRECTIVA DO CENTRO COMERCIAL CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO
* A delegada territorial aplaude o empuxe dos comerciantes e compromete o apoio da Xunta para o fomento do asociacionismo no sector
Lugo, 20 de xaneiro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo hoxe unha reunión coa nova directiva do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, que inicia a súa andaina ao fronte do colectivo.
A delegada, atendendo á solicitude da asociación, desprazouse ata Viveiro para coñecer de primeira man as inquedanzas e as iniciativas que proxectan poñer en marcha nos vindeiros meses, para as que reclamaron o apoio da Xunta. Na reunión, tamén participou a a senadora nacional e concelleira no consistorio de Viveiro Mariña Gueimunde.
Ao mesmo tempo, Arias informoulles de que a Consellería de Economía e Industria está a elaborar un plan integral a catro anos dirixido á modernización e mellora integral do comercio, que abarcará aspectos tales como a formación, dinamización e a reestruturación do tecido comercial galego.
Dentro deste plan terán un lugar protagonista as asociacións de comerciantes, e en concreto os centros comerciais abertos, potenciando a súa xestión profesionalizada, a formación dos socios e cantas actividades contribúan á expansión do sector.
A Xunta, afirmou a delegada, aposta polo pequeno comercio “porque xera postos de traballo e é un factor dinamizador fundamental das nosas vilas e cidades”. En concreto, Arias sinalou a importancia de que os comerciantes se asocien para resultar máis competitivos.
O Centro Comercial Casco Histórico é agora mesmo un referente dentro do comercio viveirense e aglutina a arredor de 140 socios. En todo caso, a directiva persegue a plena integración na asociación de todos os comercios da zona.
A Dirección Xeral de Comercio concedeu durante o pasado ano un total de 70.806 euros en subvencións ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro ao abeiro do Plan MECCA, de fomento do desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais.
Máis dun 56% desta contía vai destinada á contribuír cos gastos de infraestrutura e funcionamento do colectivo –aluguer da sede, comunicacións, páxina web…-.
Igualmente, investíronse 33.800 euros en diversas campañas de dinamización –a do Nadal, entroido ou o Rasca e gaña, entre outras-, así como noutras actuacións de promoción e publicidade. Finalmente, tamén foron subvencionados outros conceptos, como a sinalización ou actividades de fidelización dos consumidores.
Na reunión coa delegada territorial estiveron presentes a maioría dos responsables da asociación, encabezados polo seu presidente, Luis Vigo, e o xerente do colectivo, Simón Arrizado.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



