LUGO .- A Deputación xa recheo en 5 ocasións os saleiros da rede viaria e distribuíu máis de 930 toneladas de sal dende decembro. 110 operarios e 160 vehículos atenderán calquera incidencia que se poida producir nas vindeiras xornadas.
Nota de Prensa
A Deputación repartíu máis de 104 toneladas de sal nas últimas horas
– O organismo provincial xa recheo ata en 5 ocasións os saleiros da rede viaria e distribuíu máis de 930 toneladas de sal dende decembro
– 110 operarios e 160 vehículos atenderán calquera incidencia que se poida producir nas vindeiras xornadas
A Deputación repartíu máis de 104 toneladas de sal entre a mañá deste xoves e o mércores debido aos efectos do temporal de neve. En total, dende o mes de decembro, o organismo provincial xa recheou ata en 5 ocasións os 12 saleiros que ten distribuídos na rede viaria provincial, e distribuíu máis de 930 toneladas de sal.
Hai máis de 50 operarios que están a traballar en todas as estradas provinciais dos municipios de Cervantes, As Nogais, Pedrafita, Courel, Incio, Samos, Triacastela, Quiroga, Ribas do Sil, así como en Chantada, Navia de Suarna, e Baleira; os Concellos máis afectados pola neve. Entre os medios materiais despregados, destacan 1 camión cuña, 8 camións cuchilla, 2 tractores cuña, 2 todoterrenos con cuña, 8 todoterrenos con saleiro, 13 vehículos, 2 camións grua, 4 retro mixta, e 4 motoniveladoras.
Da mesma forma, o organismo provincial está a actuar en diferentes estrada dos municipos de: Viveiro, Ourol, Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, Ribeira de Piquín, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Muras, Vilalba, Lugo, Guntín, Friol, Palas de Rei, Castroverde, Corgo, Láncara, Baralla, Fonsagrada, Negreira de Muñiz, Becerreá, Sober, Pantón, Páramo, Paradela, Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, e Carballedo.
A Deputación ten preparado un dispositivo formado por 110 operarios e 160 vehículos para atender as incidencias que poidan xurdir nas vías provinciais nas vindeiras horas























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



