Nota de Prensa
CERVO
O BNG PREGUNTA ONDE ESTÁ O PLAN DE CHOQUE CONTRA O DESEMPREGO COMPROMETIDO POLO PP
Os nacionalistas cervenses destacan que Cervo e o concello da comarca que mais emprego perdeu no último ano
Cervo, 12 de xaneiro de 2010. De acordo cos datos publicados polo observatorio do paro da comarca que mensualmente publica o Pacto Territorial polo Emprego da Mariña, Cervo e o concello incluído no territorio de estudo onde mai medrou o desemprego no último ano, incrementándose nun 31,72%, constatándose ademais que este medre corresponde tanto a mulleres como a homes, cun incremento moi abultado en homes(49,35%) e o 19.27% en mulleres en relación aos datos de decembro de 2008. O BNG cervense pregúntase que pasou co comprometido plan de choque contra o desemprego prometido polo PP en campaña electoral e onde está a variña máxica de Feijoo que prometera rematar coa crise en medio ano.
MENTRES O PARO MEDRA A POBOACIÓN CENSADA EN CERVO DIMINUE
O portavoz municipal do BNG, Xoán Antón Estúa, denunciou a parálise da administración pública galega que non adopta medidas para paliar as cifras de desemprego na comarca e nomeadamente no concello de Cervo. O portavoz nacionalista fixo mención aos datos de desemprego no concello cervense, os mais elevados da comarca en relación ao último ano, cun incremento global do 31,72%, a pesar de ser o concello xunto con Xove, con maior asentamento industrial da comarca. Estúa advertiu que “en Cervo medra o desemprego en relación ao último mes na practica totalidade dos sectores, cun incremento do 49,35% en homes e o 19,29% nas mulleres”, e chamou a atención na “relación entre perda de emprego e a permanente baixada do censo de poboación do municipio dende fai anos, polo que augurou que de continuar a este ritmo, en Cervo non vai quedar non o apuntador”
O GOBERNO LOCAL ESTÁ OBRIGADO A PRESENTAR INICIATIVAS PARA MINORAR OS EFECTOS DA CRISE
O BNG reclamou ao goberno local iniciativas de cara a minorar os efectos da crise e o desemprego, neste sentido “demandou progresividade nas taxas e impostos municipais para evitar a exclusión das persoas con menos recursos de determinados servizos municipais, ademais da posta en marcha de servizos que atendan as situacións de emerxencia”. O portavoz nacionalista lembroulle ao goberno municipal que e moi fácil atribuírse méritos cando os datos son bos, mais agora o que toca e traballar para contrarrestar os efectos da crise.
ONDE ESTÁN OS PLANOS DE EMPREGO E DE APOIO AO COMERCIO COMPROMETIDOS POLO PP EN CAMPAÑA ELECTORAL
O BNG preguntouse onde está o anunciado Plan de Emprego anunciado polo Partido Popular para a comarca da Mariña, ou o Plan de Choque a favor do pequeno comercio comprometido por Balseiro en campaña electoral. Estúa aproveitou para lembrarlle ao concelleiro e parlamentar popular os compromisos adquiridos con Cervo, entre os que destacou a creación de solo industrial no entorno de ALCOA ou os planos de emprego específicos anunciados a representantes sindicais de empresas auxiliares da multinacional. Hai que preguntarse que foi do “impulso reivindicativo do Sr. Balseiro”, que prometía rematar coa crise con planos de todo tipo dos que agora non di nada.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



