SANTIAGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou as obras dos colectores xerais e a estación depuradora de augas residuais do concello lucense de Cervo por un importe de 1.174.999 euros, á empresa Ute Vivendas e Obras Civiles-Passavant. Cómpre recordar que esta actuación foi aprobada no Consello da Xunta do pasado 8 de outubro e licitada a finais dese mesmo mes.
O departamento que dirixe Agustín Hernández, a través de Augas de Galicia, financiará o 100 por cento das obras. Este financiamento por parte do Goberno galego enmárcase no programa de colaboración técnico-financeira entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades locais que en moitos casos non dispoñen de orzamentos precisos para a dotación de infraestruturas.
Cómpre sinalar que Augas de Galicia, departamento pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, levará a cabo diferentes actuacións para resolver as carencias da rede de saneamento de Cervo e Figueirido. Tamén se inclúen as verteduras de augas residuais sen depurar ao río Xunco, problema que se solucionará coa construcción dunha nova estación depuradora con capacidade para beneficiar a máis de 1.500 habitantes.
NOTA DO CONCELLO DE CERVO:
VILLARES CUALIFICA A NOVA DA ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DO SANEAMENTO DE CERVO E FIGUEIRIDO COMO “UNHA BOA FORMA DE EMPEZAR O ANO”
*
Segundo as previsións do goberno municipal, o 80% das obras poderán estar rematadas ao longo do presente ano
*
Esta actuación leva sendo moi demandada tanto polos veciños do núcleo de Cervo como polo Goberno municipal
*
As obras da nova EDAR contribuirán ao saneamento do río Xunco e dará cobertura a máis de 1.500 habitantes.
Cervo, 4 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares cualificou hoxe como “unha boa forma de empezar o ano para Cervo” a noticia da adxudicación das obras dos colectores xerais e a estación depuradora que dará servizo aos núcleos de poboación de Cervo e Figueirido.
Villares valorou positivamente este anuncio, o cal cualificou como “a materialización definitiva do compromiso adquirido polos actuais responsables da Consellería de Medio Ambiente para dar saída a unha obra que viña sendo moi demandada dende hai anos tanto polos veciños como polo propio Goberno municipal”.
O alcalde tamén salientou a importancia que ten para todos os veciños da conca do río Xunco contar con esta nova rede de saneamento das augas residuais, non só desde un punto de vista medioambiental senón tamén como infraestrutura para o desenvolvemento, o progreso e o crecemento destas localidades “algo polo que sempre apostou este Equipo de Goberno”.
O rexedor asegurou que con esta nova depuradora garantirase a prestación dun servizo de calidade para os núcleos que bordean o río Xunco, ao tempo que suporá un aforro para o concello “e permitiranos ter unha visión integral dunha zona de especial interese paisaxístico e natural coma é a canle deste río e do seu contorno”.
Características técnicas
Así, as obras céntranse nun novo colector de residuais paralelo á marxe dereita do río Xunco, fóra da zona de servidume excepto un mínimo treito que transportará as augas de Cervo ata a Edar. O proxecto tamén contempla un bombeo con 25 metros de impulsión para elevar as augas da rúa Soto e da Xosé Álvarez ata a nova rede. Ademais, construirase unha rede separadora para pluviais na rúa do Vilar, que verterá ao Xunco.
Por outra parte, en Figueirido instalarase unha reixa na arqueta de desbaste da depuradora prefabricada existente, dotándoa tamén dun aliviadoiro, procedendo así á correcta execución do separador de graxas. O colector actual será reparado á súa chegada a esta depuradora, permitindo a mellora da coieira de protección nun treito de 180 metros que se atopa en mal estado.
A Edar, ubicada nunha parcela de 1.425 m2 no concello de Cervo, terá un caudal medio de 290 m3/día e un caudal punta de 36,25 m3/hora. O prazo de execución das obras establecido por Augas de Galicia é de 26 meses.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



