CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, dubida do interese da Deputación de Lugo en colaborar cos concellos da Mariña para por en valor os areais do litoral lucense.
Nota de Prensa
O rexedor lembra que o organismo provincial leva dende hai dous anos denegándolle ao Concello a utilización dunha motoniveladora para adecentar os areais cervenses
VILLARES NEGA O INTERESE DA DEPUTACIÓN EN FOMENTAR A CALIDADE DAS PRAIAS DO CONCELLO
Cervo, 8 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, negou hoxe que a Deputación de Lugo tivera interese en colaborar cos concellos da Mariña para por en valor os areais do litoral lucense. O rexedor cervense apoiou as súas manifestacións lembrando que os actuais rexedores do organismo provincial levan denegándolle ao concello a cesión dunha pala motoniveladora para adecentar os areais do termo municipal nas datas previas ao verán dende que accederon ao poder na Deputación. “Levamos dous anos solicitándolles por escrito a utilización desta maquinaria igual que o facíamos cos anteriores responsables provinciais, pero dende que accederon ao poder nunca nos contestaron. Tan só se limitaron a utilizar de xeito covarde o silencio administrativo para denegarnos a cesión por un par de días dunha maquinaria que é propiedade do parque provincial e que debería estar ao servizo de tódolos concellos da provincia sen excepción”.
Para Villares, este “nula colaboración” do ente provincial con Cervo deixa en evidencia cal é o compromiso real dos actuais gobernantes da Deputación en materia medioambiental e de promoción do litoral lucense con algúns dos municipios costeiros. “Por iso, dubidamos que as súas intencións nesta materia sexan realmente con ánimo de colaborar, se non máis ben parece que pretenden polemizar e confrontar interesadamente ás institucións co obxecto de sacar rendibilidade política a través de manifestacións sesgadas na prensa”.
Plan de Praias
Neste senso lembrou que a proposta feita polo Presidente da Deputación o pasado mes de outubro nunha visita á Mariña limitábase a financiar os custes iniciais para acadar estas certificacións de calidade, pero non asumía o financiamento das posteriores auditorías ás que terán que enfrontarse anualmente os concellos se queren renovar estes distintivos ”e que viría a supoñer un custe entre 5.000 ou 6.000 euros en cada un dos casos; ou incluso máis, dependendo do número de praias que se tivera que auditar” asegurou Villares.
O alcalde cervense sinalou que o grupo de Goberno local leva traballando dende hai moito tempo na mellora da calidade das praias ao abeiro dos distintivos das Bandeiras Azuis promovidas pola asociación ADEAC, “galardóns sobradamente contrastados e recoñecidos tanto polos nosos veciños como polos visitantes. Por iso, despois de sopesar a proposta provincial, decidimos declinar a súa oferta sen pretender polemizar en ningún momento cos seus promotores, aínda que parece que eles o único que lles move é intentar buscar a confrontación e entre Administracións en lugar de adicarse ao servizo público como debería ser a súa obriga. Por iso, o único que lles pido é que traballen en pro de todos os concellos sen ter en conta a cor política dos seus responsables e se deixen de polemizar e de buscar enfrontamentos estériles”.
Por último, Villares recordou que Cervo leva sendo un referente provincial en materia de praias e dos servizos que nelas se prestan. “Hai máis de 10 anos que Cervo dispón dun dos servizos máis completos da comarca, non en balde conta con numerosas distincións. Fomos pioneiros en facilitar aos bañistas consellos mediante megafonía ou en difundir a temperatura da auga, a ambiental ou o índice de raios ultravioleta, a parte de contar con completos equipos que permiten atender calquera continxencia que ocorra. Por iso, non podemos permitir que se nos acuse de traballar en contra do medioambiente e de costas á mellora das nosas praias” aseverou o alcalde.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



