Nota de Prensa
O BNG VOTOU EN CONTRA DOS ORZAMENTOS DE BARREIROS PARA ESTE ANO. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE SON UN PARIPÉ E ASEGURAN QUE OS GASTOS DE PERSOAL SUPOÑEN O 75%.
Barreiros, 30 de xaneiro de 2010. O BNG votou en contra dos orzamentos de Barreiros para este 2010. Os nacionalistas consideran que son un paripé e aseguran que os gastos de persoal supoñen xa realmente o 75%. Para Antonio Veiga “hai algo novidoso nos orzamentos de Barreiros este ano, que se aproban no primeiro mes do exercizo en curso. Esto podería ser positivo si o feito de aprobalos en prazo implicase unha boa planificación dos recursos económicos do Concelllo e iso redundara en beneficio duns mellores servizos. Pero a realidade é ben distinta, pois eses 3,5 millóns de euros de orzamentos non van ter unha aplicación práctica, porque no mesmo pleno houbo que facer un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 589.652 euros, que son compromisos adquiridos polo Concello no capítulo de bens correntes e servizos que non estaban orzamentados”.
O portavoz do BNG segue a explicar que “para esa partida no 2009 había orzamentados 881.000 euros, pero o Concello gastou 589.652 euros máis. A propia secretaria-interventora di no seu informe que ditos gastos se contraeron sin fase previa de autorización e disposición do gasto e sin que existise crédito suficiente para facerlles fronte no exercizo do 2009. Esto é algo que veu acontecendo nos últimos anos. Eso quere decir que ao que ten presupostado o Concello este ano para o capítulo de bens correntes e servizos hai que restarlle os 589.652 euros, que son para pagar débedas do ano anterior con acreedores, que nos parece lóxico que as cobren, pero a culpa de que os acreedores non cobren en tempo e forma é do propio Concello”.
No BNG tamén criticaron na sesión de onte “a discrecionalidade no gasto, porque non hai planificación sobre o que se vai gastar en varias partidas, como a de persoal, que supón un 50 por cento: 1.700.000 euros dos presupostos. Pero en realidade o porcentaxe adicado a persoal é moito máis grande. Nós calculamos que os gastos de personal poden chegar ao 75 por cento e queda o 25 por cento restante para os servizos e pequenas inversións”. Antonio Veiga suliña que “os gastos personal supoñen realmente o 75 por cento, porque si aos 3,5 millóns de euros lles restamos os 588.652 que están comprometidos por ese recoñecemento extraxudicial de crédito xa nos quedamos en 2.910.000 euros, pero como sempre se executa moito menos do presupostado, como se viu nos anos anteriores, quedará nun orzamento de aproximadamente 2,2 millons de euros, polo que os gastos de persoal suporán realmente o 75 por cento”.
Os nacionalistas consideran que “o Concello de Barreiros se está a converter nunha xestoría mala, porque si os acreedores teñen que esperar un ano ou dous para cobrar mal vamos. Estes orzamentos son un paripé, non son reais nin executables. Eso vanno ver os veciños cando infinidade de servizos non se presten, cando non se poida amañar a rede viaria, que está en pésimo estado, e o Concello de Barreiros dependerá coma sempre doutras institucións. Este Concello manexou nos últimos anos moitos cartos, pero non se viu ningunha obra importante nin siquera o mantemento da rede viaria. Estes orzamentos non vai cubrir as necesidades reais dos barreirenses”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



