RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo ven de propoñer que a Casa da Ría se convirta na sede da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
O informe enviado á Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe recolle que con máis de 10.000 habitantes na actualidade, Ribadeo é o municipio máis poboado do territorio da Reserva, duplicando prácticamente ao segundo dos que a integran que é A Fonsagrada. O rexedor, Fernando Suárez, sinala que “desde o punto de vista comercial, así como de ocio e turismo, Ribadeo é o centro dunha comarca que abrangue A Mariña Oriental e o Occidente asturiano, desde Burela ata Navia, cunha poboación superior aos 100.000 habitantes. Ribadeo conta co maior número de prazas hoteleiras da reserva que nos permiten chegar ás 90.000 pernoctacións anuais e durante o verán triplicamos a nosa poboación”.
A proposta remitida á Xunta apunta que Ribadeo é a ubicación que garantizaría en maior medida a difusión dos valores da Reserva, puidendo afirmarse que a sede en Ribadeo ademáis de maximizar a divulgación dos seus valores naturais e culturais, podería ser unha excelente ferramenta de promoción turística para os 14 concellos que a compoñen. O alcalde suliña que “Ribadeo supón a mellor opción económica para a creación desta infraestructura, xa que ofrece a Casa da Ría, unha instalación recentemente remozada e construida cunha finalidade idéntica á da futura sede da Reserva, que é albergar un centro de interpretación e dar cabida a actividades de divulgación mediante unha sala de proxeccións”.
Fernando Suárez considera que “tamén sería de xustiza que esa sede estivese na Casa da Ría por unha cuestión de equilibrio territorial, xa que a sede da Asociación de Concellos da Reserva atópase en Vegadeo, polo que o xusto sería que destoutro lado da ría de Ribadeo contásemos con ésta”.
O informe elaborado polo Concello de Ribadeo incide tamén en que a Casa da Ría se atopa nunha localización privilexiada, sobre un mirador de beleza inigualable que en sí mesmo é un reclamo turístico e considera que para a súa transformación en sede da Reserva da Biosfera non se precisa de ningún tipo de obra mais que incorporar ás súas instalacións os contidos referentes a dita reserva. Tamén destaca que a súa ubicación próxima á A-8 ofrece un acceso rápido e cómodo tanto para os visitantes como para os técnicos que deban desprazarse desde Oviedo e Santiago.
Suárez Barcia agarda que “este asunto forme parte da axenda de asuntos a debatir na vindeira xuntanza interautonómica da comisión de seguimento da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



