XOVE .- Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, volve a pórse en marcha despois do parón de Nadal o programa “Ponte en Forma” na aula deportiva.
NOTA DE PRENSA
EN MARCHA O PROGRAMA “PONTE EN FORMA”
Despois do parón navideño, hoxe luns, 11 de xaneiro, volve a porse en marcha o Programa “Ponte en Forma”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove. Este Programa está a ter unha excelente acollida por parte dos nosos veciños/as, se temos en conta a participación en cada unha das actividades .
As actividades, que durante o presente curso 2009-2010 estanse desenvolvendo na Aula Multideportiva, son:
-Ximnasia de matemento os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas. Contamos con 25 alumnos/as, número máximo admitido, contando con varias persoas en reserva.
-Aeróbic os luns, mércores e venres de 10:15 a 11:15 horas, con 22 alumnos/as.
-Pilates os martes e xoves de 10:10 a 11:10 horas, con 15 alumnos/as, número máximo admitido, contanto con persoas en reserva, tanto nesta especialidade como na de maiores.
-Pilates para maiores de 50 anos, os martes e xove de 11:15 a 12:15 horas, tamén con 15 alumnos/as.
As clases son impartidas pola Monitora Deportiva Municipal Estívaliz Dayán.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



