“Paso histórico” do PP que “trasladar o debate sobre a idoneidade desta nova infraestrutura infraestrutura da teoría aos feitos”
Nota de Prensa
Comparecencia do Presidente de Portos de Galicia, a petición do Grupo Popular, para que explique á Cámara o contido, previsións e conclusións do informe de viabilidade sobre a APERTURA AO TRÁFICO comercial xeral do dique norte de Morás, elaborado por este organismo
* Grupo Popular espera que a través deste estudo técnico, encargado polos novos responsables do Goberno de Galicia, saia reforzada esta común reivindicación dos axentes sociais e políticos da Mariña lucense
* O deputado interpelante Jose Manuel Balseiro Orol salienta que estamos ante un paso histórico que permite trasladar o debate sobre a idoneidade desta nova infraestrutura da teoría aos feitos
* A Xunta xa deu conta da súa vontade favorable para conseguir este obxectivo e incluso asume con recursos propios o estudo técnico preciso para avaliar a viabilidade do proxecto.
* O PP marca a diferenza na defensa dos intereses da Mariña: Todos lembramos as infinitas promesas dos socialistas e dos nacionalistas ao respecto desta cuestión. O BNG incluso chegou a convocar unha manifestación reclamando este novo porto comercial. Pero o certo e que se demostrou que ningún deles son de fiar, pois nada tiñan feito para facer realidade a apertura do dique norte de Alcoa


















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



