NOTA DE PRENSA
Os populares presentaron unha vez máis unha emenda a unha iniciativa dos socialistas que, “despois de 5 anos de estar de brazos cruzados”, pedían que “o que antes se tiña que rematar en 6 anos agora este Goberno o remate en 4”, salientou Gómez Alonso
O PSOE REXEITA UNHA PROPOSTA DE CRONOGRAMA DO GRUPO POPULAR PARA AXILIZAR CON PRAZOS REAIS O CORREDOR FERROL-BARREIROS, QUE FOI PARALIZADO POLO BIPARTITO
* Gómez Alonso cualificou de “anuncios veleta” as propostas dos socialistas, que en tan só 2 meses cambiaron a data de entrada en servizo do Corredor, fixándoo primeiro en 2013 e agora en 2014.
* O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular defendeu os prazos comprometidos para o corredor polo conselleiro de Medio Ambiente no marco do Plan Move, de xeito que estea o 85% da obra en servizo no ano 2015, e lembrou que o bipartito aprobou a posta en servizo destra infraestrutura no 2020.
Santiago, 10 de febreiro de 2010.- O PSOE rexeitou hoxe no Pleno do Parlamento, xunto co BNG, unha proposta de cronograma do Grupo Parlamentario Popular dirixida a reafirmar a axilización, con prazos reais, das obras do Corredor Ferrol-Barreiros, que foi paralizado polo Bipartito. Os populares presentaron unha vez máis unha emenda a unha iniciativa dos socialistas que, “despois de 5 anos de estar de brazos cruzados”, pedían que “o que antes se tiña que rematar en 6 anos agora este Goberno o remate en 4”, segundo salientou na súa intervención o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso.
Na súa intervención, o deputado popular cualificou de “anuncios veleta” as propostas dos socialistas, que en tan só 2 meses cambiaron a data de entrada en servizo do Corredor, fixándoo primeiro en 2013 e agora en 2014.
Gómez Alonso lembrou que o anterior Goberno do Partido Popular deixara listo en 2005 o estudio informativo e a declaración de impacto ambiental de todos os treitos entre Ferrol e San Cibrao e en redacción de proxecto construtivo os treitos San Sadurniño-Campo do Hospital, Variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao. Sen embargo, despois de 4 anos, “o Bipartito tan só avanzou nos dous treitos que agora se atopan en obras –Variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao-, o que supón tan só o 21 por cento do trazado”. O resto dos treitos, sinalou o deputado, “seguiron practicamente na mesma situación que se deixaron en 2005”.
O parlamentario engadiu que en xuño e agosto do ano 2008 o Bipartito suspendeu o contrato dos treitos San Sadurniño-Campo do Hospital, Campo do Hospital-AC-101 e Ramos-Covas, mentres que o resto dos treitos que van desde Espasante a Os Ramos e de Covas a Celeiro, “aínda se atopan en redacción de proxecto construtivo, despois de catro anos de Goberno Bipartito”. Igualmente, remarcou que “en catro anos, vostedes apoiaron unhas contas que consignaban un total de 16,9 millóns de euros e no momento do traspaso de poderes, en abril do presente ano, o Goberno galego tan só levaba certificado o 9,2 por cento dos orzamentos totais que consignou desde 2006, e agora vostedes aínda teñen a cara de decirnos que nós paralizamos a obra”.
PRAZOS
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular defendeu os prazos comprometidos para o corredor polo conselleiro de Medio Ambiente no marco do Plan Move, de xeito que o 85% estea en servizo en 2015, e lembrou que o bipartito aprobou a posta en servizo destra infraestrutura no 2020.
Os prazos contemplados na emenda fixan aposta en servizo dos distintos treitos nos prazos que se indica na continuación:
– Variante de Ortigueira: ano 2011
– Celeiro-San Cibrao: ano 2012
– San Sadurniño-Campo do Hospital: 2013-2015
– Viveiro Sur-Celeiro: ano 2014
– Campo do Hospital-AC101 e Covas-Viveiro Sur: ano 2015
– San Cibrao-Barreiros: ano 2015
e co compromiso de rematar a sobras entre Espasante e Covas antes do 2017.
Gómez Alonso subliñou que a “iniciativa veleta” do PSOE “está chea de contradicións e erros”, xa que, “despois de cinco anos, gobernando o PSOE en Galicia e en Madrid, estes foron os únicos responsables da paralización desta infraestrutura”.

















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



