LUGO .- A delegación territorial da Xunta en Lugo e Deputación provincial fan balance das incidencias causadas polo “Xynthia” na provincia de Lugo onde principalmente provocou incidencias en estradas e no subministro eléctrico.
| Nota de Prensa
O amplo dispositivo despregado pola Deputación atende 55 incidencias na rede viaria causadas polo ciclón Xynthia – A estrada máis afectada foi a CP 1303, no Courel, polo que técnicos da Deputación desprazaranse a 1ª hora do luns ata o lugar para avaliar os danos e proceder canto antes ó seu arranxo – Nestes momentos, permanecen pechadas ó tráfico outras 3 estradas, 2 en Bóveda e outra en Paradela, porque a empresa eléctrica aínda non retirou o tendido derrubado polo vento – Máis de 80 efectivos, que estiveron en alerta dende as 12:00 horas de onte, traballan na retirada de árbores, asolagamentos e desprendementos rexistrados nas vías provinciais A Deputación continúa a traballar nas estradas provinciais para atender as incidencias acontecidas durante o paso do ciclón Xynthia que, malia que non deixou consecuencias de gravidade, as fortes rachas de vento rexistradas ó longo da noite ocasionaron a caída de árbores, asolagamentos nas estradas, así como desprendementos de terra que dificultaron a circulación en varios treitos da rede viaria provincial. As empresas adxudicatarias da Conservación Integral, así como o persoal dos servizo de Infraestruturas de Deputación están a traballar de xeito ininterrumpido para que as vías acaden a normalidade no menor tempo posible. En total, o organismo provincial mobilizou a 82 operarios que atenderon 55 incidencias, a maior parte pola presenza de pólas nas estradas. A máis salientable produciuse na estrada provincial CP 1303, que vai de Soane do Courel a Ferramuín, na que as intensas choivas levaron por diante a terra que sostén un treito duns 20 metros desta vía. Co obxectivo de proceder ó seu arranxo no menor tempo posible, os técnicos da Deputación desprazaranse ata o lugar a primeira hora do luns para avaliar os danos e tomar as medidas necesarias para iniciar as obras de reparación. Outras 3 estradas pechadas ó tráfico Nestes momentos, permanecen pechadas ó tráfico outras 3 estradas provinciais: 2 en Bóveda (CPs 0905 e 0901) e outra en Paradela (CP 0910). Malia que a Deputación xa retirou ás pólas que caeron nestas vías durante a noite, a causa de que aínda non se poida transitar por elas débese a que a empresa eléctrica aínda non retirou o tendido que foi derrubado polo intenso vento. O dispositivo despregado polo organismo provincial permanece en alerta dende as 12:00 do sábado ata as 20:00 horas do día de hoxe. Dende primeiras horas da mañá están a traballar a reo para restablecer ó tráfico as vías que sofriron algún tipo de dificultade. Precisamente, a rapidez coa que actuaron fixo posible que as estradas CP 2505, en Guitiriz; a CP 1611 en Castro de Rei; a CP 0801 en Begonte; e a 5401 en Baleira; xa poidan ser transitadas aínda que a primeira horas da mañá quedaron pechadas debido a presenza de árbores na calzada. |
Nota de Prensa
RAQUEL ARIAS CONSIDERA QUE A COLABORACIÓN DA POBOACIÓN PERMITÍU EXTREMAR A EFICACIA DA ACTUACIÓN ANTE O ‘XYNTHIA’ * O paso do temporal pola provincia deparou problemas puntuais de vías a causa da caída de árbores e cortes no subministro eléctrico que están prácticamente solucionados * A delegada territorial coordinou dende o mediodía de onte o comité provincial disposto pola Xunta para actuar ante as continxencias provocadas polo fenómeno meteorolóxico Lugo, 28 de febreiro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, subliñou hoxe que “a colaboración ofrecida pola poboación nas tarefas de prevención ante o temporal Xynthia facilitou a eficacia do dispositivo en marcha dende o día de onte”. Arias, que coordinou o comité provincial de emerxencia, que estivo operativo na sede da Delegación Territorial de Lugo dende o mediodía de onte, valorou hoxe as consecuencias do temporal, que na provincia deparou problemas puntuais nas vías de comunicación e cortes localizados no subministro eléctrico. A representante do Executivo galego na provincia indicou que a caída de ramas e árbores a causa dos fortes refachos de vento provocou cortes en tramos de vías ao paso por O Courel, Friol, Monforte, Taboada e Ourol: Estas continxencias foron subsanadas polo persoal adscrito a Medio Rural e ao servizo de Infraestruturas, facilitando que a circulación polas vías dependentes da Xunta estivese normalizada en breve prazo. Así mesmo, dentro da provincia, onde os refachos de vento acadaron os 130 quilómetros por hora, producíronse tamén problemas por anegamentos en puntos de Viveiro e da comarcas da Terra Chá. Arias, que se desplazou ata a zona da Mariña para, acompañada polo xefe territorial de Mar, ter conta de xeito directo da situación nesa zona, onde se prevía que o Xynthia se amosase máis virulento, expuxo que durante a xornada de hoxe prevese que queden superados os cortes de subministro eléctrico que se produciron dende a entrada do temporal na provincia. As incidencias neste ámbito afectaron a zonas de Ourol, Navia de Suarna, Cospeito e A Pontenova. Nalgúns momentos da xornada de onte, os cortes chegaron a afectar a 20.000 abonados da provincia. Por último, a delegada territorial quixo agradecer o traballo desenvolvido por todos os participantes no operativo disposto, como os voluntarios de Protección Civil, as brigadas de Medio Rural, os bombeiros, os técnicos do 112 e o persoal de Deputacións e Concellos, entre outros. |






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



