Nota de Prensa
O Grupo Popular Municipal defenderá no pleno previsto para mañá, ás 19.00 horas varias mocións relativas a temas de actualidade como son: as pensións, o financiamento dos concellos, o decreto plurilingüe e o proxecto de fusión das caixas de aforro.
O Grupo de Goberno busca acadar un acordo da Corporación Municipal para rexeitar a perda de poder adquisitivo dos pensionistas, como consecuencia da suba de impostos que vén de establecer o Executivo socialista de Zapatero, así como un pronunciamento contrario ao recorte no financiamento que o Estado destina a os concellos. Os populares non están a favor de que pensionistas, traballadores e administracións locais teñan que sufrir as consecuencias das erradas políticas do PSOE na xestión da crise.
O Partido Popular tamén defenderá varias mocións relativas o supresión do actual decreto de ensinanza do galego e a súa substitución por un modelo plurilingüe que garanta o equilibrio entre as dúas linguas oficiais así como a progresiva introdución do inglés. No PP perseguen que o Concello de Cervo sume a súa voz ás moitas familias que veñen demandando que do sistema educativo os rapaces e rapazas salgan manexandose sen dificultade en galego e en castelán e, ao ser posible, tamén en inglés.
Finalmente unha última moción versará sobre a adhesión da Corporación Municipal ao manifesto “Galicia ten dereito” impulsado por PP e BNG, xunto coas forzas sindicais máis representativas e a patronal. A idea é apostar pola autonomía de Galicia e dos galegos á hora de apostar polo proceso de fusión das caixas de aforro, de tal xeito que naza unha nova gran caixa, solvente e galega.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



