Isto de que as pensións corren perigo éche unha vella cantilena que cada certo tempo sae á palestra. Os arranxos “musicais” son feitos sempre polo mesmo patrón: o gran capital e a ideoloxía liberal. Trátase do Partido Popular Europeo (do que forma parte o PP español), do Sr. Almunia (do PSOE, non é?), Comisario de Asuntos Económicos da Comisión Europea, ou de Miguel Ángel Fernández Ordóñez, Gobernador do Banco de España (que coro tan lindo, oes!). Todos eles proclaman a necesidade de reducir as pensións para garantir a súa solvencia. É unha vergoña que, despois de ter posto enriba da mesa tantos miles de millóns para sanear a banca (polo que se ve privada para os beneficios, pero pública para as perdas) agora nos boten en cara que queremos cobrar demais.
Tan a vello sona esta canción, que nin o bordón lle mudaron. Cada certo tempo, os informes ao uso de Funcas, do BBVA, ou calquera outro organismo ben preocupado por achuchar aos asalariados, pequenos empresarios e pensionistas e xubilados (pero ben sedentos de suculentas e millonarias plusvalías practicando o capitalismo especulativo) alértannos da crise irreversíbel do sistema de pensións. Algo terá que ver o desexo de fomentar os plans de pensións, ou non?
Mesmo o informe que a Comisión Europea fixo sobre a viabilidade das pensións en España, o que emprega Joaquín Almunia nalgunhas das súas propostas, pouco menos é que unha simple copia do informe elaborado por David Taguas, exsubdirector de estudos do BBVA e posteriormente director da oficina económica da Moncloa durante o primeiro goberno Zapatero. Dito informe fora publicado pola revista “Panorama Social”, da Fundación de Caixas de Aforro (Funcas).
Para desenmascarar o sofisma que encerran estes “informes” (ben interesados) nada mellor que a lectura do artigo de Vicenç Navarro, “Las pensiones son viables”, editado na revista “El Viejo Topo” no número dos meses de xullo e agosto de 2009. Nel, de xeito moi clariño, explícase o erro metodolóxico do que parten as análises referidas. Procedemos ao seu resumo.
O erro de partida consiste en identificar a esperanza de vida cos anos que realmente vive unha persoa. Vicent Navarro exemplifícao maxistralmente con dous países imaxinarios, cada un deles con dous habitantes. No País-A (España) un habitante morre ao día seguinte de nacer e o outro aos 80 anos. A esperanza de vida promedio é de 40 anos [(0 + 80)/2]. Pero noutro País-B, veciño, tamén con dous habitantes, un vive 20 anos e o outro 80. A esperanza de vida promedio é de 50 anos [(20 + 80)/2]. Quere isto dicir que o cidadán promedio dese país veciño vive dez anos máis ca no primeiro caso? Non. Os documentos que favorecen a redución das pensións conclúen que si, por iso din que, como nese país imaxinario a xente vive 10 anos máis de promedio, entón haberá que pagar máis pensións. Pero iso non é certo. A mortalidade en cada grupo de idade foi descendendo. De feito, a esperanza de vida en España aumentou dos 76 aos 80 anos. Pero iso non quere dicir que os anos de vida que un cidadán medio vive sexa agora de catro anos máis que en 1980. Velaí o erro de cálculo (interesado) que penaliza á poboación ao asumir que a xente vive máis do que realmente chega a vivir.
Se ademais engadimos a iso que non se tende a vivir o mesmo con independencia da clase social á que se pertence, a cousa agrávase. A diferenza que hai entre a estimación de lonxevidade da clase baixa á clase alta chega, en España, ata 10 anos. En EE.UU. ata 15. O promedio dos países da UE-15 é de 7 anos. Logo, se a partir de agora se vai ter que traballar dous anos máis para cobrar a pensión, haberá quen estea a facelo para aqueles sectores sociais que teñan máis esperanza de vida. Haberá quen diga aquilo de “A quen Deus lla deaà”. Pero, imos tamén neste tema ignorar as diferenzas sociais outorgándonos a todos unha igualdade que realmente non é tal? Para o próximo artigo abordaremos o falso argumento de que o crecemento da porcentaxe do PIB gastado en pensións é excesivo.
Farruco Graña






















Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



