RIBADEO (FNC) .- O alcalde amósase moi satisfeito pola alta participación no acto de presentación da fase de precomercialización de parcelas do polígono industrial de Ribadeo.
Fernando Suárez dixo que “debo mostrar a miña máis agradable sorpresa por ver cómo o salón de plenos se quedou pequeno na tarde de onte, xa que desbordou as expectativas máis optimistas. Unhas 170 persoas foron as que se achegaron para ter información de primeira man sobre as parcelas do polígono industrial de Ribadeo”.
O rexedor subliñou que “nesta reunión aberta e explicativa non só contamos cos responsables da área de comercialización de SEPES, que é a empresa pública do Ministerio de Vivenda que xestiona o polígono, senón que tamén quixemos contar cunha técnica do IGAPE e da xerente do Leader da Mariña. Alí se deu información sobre o prezo das parcelas e condicións de venda, sobre a financiación, sobre o plan Impulsa Lugo que contempla unhas axudas tanto de bonificación dos tipos de interés e como de axudas directas para a adquisición de terreos, instalación de maquinaria…”. Suárez Barcia considera que “foron moi importantes as axudas que se explicaron tanto por parte do Leader como por parte do IGAPE. E a intención do Concello é tentar que todo o mundo participe no que é e vai ser un dos mellores polígonos de toda a comarca da Mariña e do Occidente asturiano, con moito respecto para os demais, pero ningún se atopa tan estratexicamente situado ao pé dunha autovía, e beneficiándose dunhas axudas tan importantes que poden reducir sensiblemente os custes iniciais de adquisición de parcela, construción de nave, etc…”.
O alcalde ribadense manifestou que “no momento económico tan complicado que toca vivir na actualidade, estas sinerxias entre a Xunta, o Ministerio de Vivenda e o Concello redundarán en que as actividades que se monten no polígono industrial de Ribadeo teñan un bo futuro por diante”.


















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



