LOURENZÁ .- A presidenta da Comisión de Agricultura do Parlamento galego, Enma Álvarez, organiza en Lourenzá unha charla sobre proxectos dinamizadores das áreas rurais. Esta actividade está orientada a zona de A Mariña. Será o luns, día 15, na Casa da Cultura.
Nota de Prensa
Terá lugar o luns, día 15, na Casa da Cultura, coa participación do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Antonio Crespo, e poderán asistir todos os interesados da comarca
A PRESIDENTA DA COMISIÓN DE AGRICULTURA DO PARLAMENTO, EMMA ÁLVAREZ, ORGANIZA EN LOURENZÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA PARA TODA A MARIÑA SOBRE AS SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS
Santiago, 6 de marzo de 2010.- Co fin de facilitar toda a información e solventar as dúbidas que poidan xurdir en relación coa orde de subvencións publicada o pasado mes de decembro pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, a presidenta da Comisión de Agricultura do Parlamento, Emma Álvarez Chao, está a organizar en Lourenzá unha charla informativa para toda A Mariña sobre as ditas subvencións.
A charla terá lugar o luns, día 15, na Casa da Cultura, coa participación do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Antonio Crespo, e poderán asistir todos os interesados da comarca. Con esa finalidade, escolleuse Lourenzá como lugar máis céntrico da comarca, ao obxecto de facilitar a asistencia de todos os posibles beneficiarios desta iniciativa.
Esta liña de subvencións enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, aprobado pola Comisión Europea e que prevé medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural, financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural, xunto cos fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración Xeral do Estado.
As axudas diríxense a subvencionar medidas de diversificación cara a actividades non agrarias, creación e desenvolvemento de microempresas, fomento de actividades turísticas, servizos básicos para a economía e a poboación rural e conservación e mellora do patrimonio rural.























Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



